AS TORRES ESTÁN COLOCADAS A CASE 800 METROS DE ALTURA NAS MURALLAS DEFENSIVAS DO CASTRO

O BNG esixe que se retiren as torres eléctricas do castro de Formigueiros

O BNG solicitará á Xunta que continúe cos traballos de escavación e rehabilitación do Castro

O BNG esixe que se retiren as torres eléctricas do castro de Formigueiros

Samos, 14 de maio de 2019. As agrupacións do BNG en Samos, Sarria e O Incio esixen a inmediata retirada de tres torres eléctricas situadas sobre os muros do castro de Formigueiros, no límite entre os tres concellos. Estas torres supoñen unha desfiguración da paisaxe do xacemento, así como das mámoas de Santa Mariña, “que foron declaradas Bens de Interese Cultural”, declarou María Xesús López, candidata á alcaldía de Samos.

 

“Instaremos desde o Concello á Dirección Xeral de Patrimonio para que retire inmediatamente as torres do cume das murallas defensivas que rodean o castro”, indicou a candidata, e engadiu “solicitaremos á Xunta de Galiza que retome os traballos de escavación e rehabilitación do castro, un dos grandes atractivos patrimoniais da serra do  Édramo”

Camiño de Santiago e rutas de sendeirismo

Chus Castro declarou que o BNG traballará no mantemento e sinalización  das rutas de sendeirismo e dos tramos do Camiño de Santiago que atravesan Samos.