ESTA CHARLA FORMA PARTE DUNHA SERIE DE ENCONTRO FEMINISTAS QUE SE VEÑEN CELEBRANDO PERIODICAMENTE DENDE QUE ARRANCOU O 7 DE MARZO DE 2017

O BNG e Galiza Nova promoven para o vindeiro martes un faladoiro feminista sobre ”As Mulleres no Mundo Laboral”

A maxistrada Dalila Dopazo; a presidenta da asociación Si hai Saída, Marta R. Engroba, e Raquel Grandio, Orientadora Laboral de COGAMI intervirán neste encontro

O BNG e Galiza Nova promoven para o vindeiro martes un faladoiro feminista sobre ”As Mulleres no Mundo Laboral”

Lugo, 9 de marzo de 2018. O vindeiro martes, 13 de marzo, o BNG e Galiza Nova promoven un faladoiro feminista sobre ”As Mulleres no Mundo Laboral”. O encontro terá lugar ás 19:30 no Centro Social Uxio Novoneyra de Lugo e intervirán:Dalila Dopazo Blanco, Maxistrada no Xulgado do Social número 3; Marta Rodríguez Engroba, presidenta da asociación Si hai Saída e Raquel Grandio Montes, Orientadora Laboral de COGAMI. A edil Maite Ferreiro presentou esta nova edición dos encontros feministas que se veñen celebrando periodicamente dende que arrancou o 7 de marzo de 2017.

Maite Ferreiro avanzou que “nos vindeiros meses temos previsto continuar  con estes encontros feministas e contaremos coa presenza de mulleres que son  referente en diferentes ámbitos sociais e profesionais”. A edil do BNG-AA felicitou as todas as persoas que na xornada de onte se volcaron nas mobilizacións feministas e “especialmente a todas esas mulleres que saíron á rúa para facerse visibles e demostrar cal é o seu papel na sociedade”.

Maite Ferreiro lembrou que ata a data de hoxe os encontro feministas promovidos polo BNG e Galiza Nova foron os seguintes:

7 de marzo de 2017 Por que é necesario o feminismo? Teresa Glez Piñeiroa e Olalla Rodil

19 de abril de 2017 patriarcado e capitalismo con Mª Carme García Negro e Noa Presas

29 de setembro ventres de alugueiro de 2017 con María Reimóndez e Olalla Rodil

Sandra piñeiro

20 de novembro de 2017 VIOLENCIA MACHISTA: antes e despois da denuncia no que participaron a xuiza Sandra Piñeiro e a traballadora social María Castro.

27 de xuño de 2017 Presente e futuro das liberdades sexuais con Carlos Callón e Iria Carreira