ANUNCIA QUE ESTARÁ VIXIANTE PARA QUE SE DESENROLEN DENTRO DAS INSTALACIÓNS DADO O EMPREGAMENTO DE FOGO REAL NAS MANOBRAS

O BNG lamenta que o campamento de Parga se convirta de novo en campo para os xogos de guerra do exército.

Anuncia que estará vixiante para que se desenrolen dentro das instalacións dado o empregamento de fogo real nas manobras.

O BNG lamenta que o campamento de Parga se convirta de novo en campo para os xogos de guerra do exército.

Guitiriz, 17 de abril de 2018. “Diante do anuncio das manobras que a Brilat desenvolverá en Santa Cruz xunto a outras unidades militares de diferentes países e que inclúe exercicios de fogo real en zonas boscosas amosa o seu rexeitamento deste xogos de guerra que veñen a interrumpir a vida cotiá de veciños e veciñas e a ocasionar molestias e a crear inseguridade. Dende o Bloque lamentamos que mais unha vez os terreos do campamento de Santa Cruz se convirtan en esceariode xogos de guerra do exército español que incumple reiteradamente o uso para o que os veciños o cederon no seu momento: Unha escola de enxeñeiros do exército, nunca un campo de tiro e manobras.

Dende o BNG de Guitiriz estaremos expectantes e vixiaremos que ditas manobras s erealicen dentro das instalacións do campamento e nunca fóra, como ocorre en reiteradas ocasións, o cal poría en serio perigo aa veciñas e veciños, dado o empregamento de fogo real en exercicios de emboscadas e contra emboscadas tanto en horario diurno coma nocturno.

Asimesmo, preguntaremos no vindeiro Pleno se o exército comunicou ó Goberno municipal a realizacións destes exercicios así como a afectación en terreos alleos ó campamento militar e o dispositivo de seguridade habilitado de ser o caso.”