O BNG lembra a represión que sufriu o colectivo LGTBI xunto a placa que homenaxeaba a Lorca

IMG_5617
IMG_5617

Quixemos lembrar desta forma a figura dun mestre das letras que foi asasinado entre outras cuestións pola súa condición sexual” afirmou Maite Ferreiro

O BNG lembra a represión que sufriu o colectivo LGTBI xunto a placa que homenaxeaba a Lorca

O BNG lembra a represión que sufriu o colectivo LGTBI xunto a placa que homenaxeaba a Lorca


 

Quixemos lembrar desta forma a figura dun mestre das letras que foi asasinado entre outras cuestións pola súa condición sexual” afirmou Maite Ferreiro

 

Lugo. 27 de xuño de 2018.

O BNG levou adiante un acto para repoñer a placa que homenaxeaba a visita de Federico García Lorca a Lugo, facéndoo ademais dentro da semana do orgullo LGTBI para lembrar a represión que sufriu este colectivo durante a ditadura Franquista. Maite Ferreiro, pediu, unha vez máis a reposición da placa conmemorativa que fora instalada na praza de Pío XII en Lugo en outubro do ano 2006 “Quixemos lembrar desta forma a figura dun mestre das letras que foi asasinado entre outras cuestións pola súa condición sexual” afirmou Maite Ferreiro. Foi o 28 de outubro de 1916, cando Federico García Lorca tiña 18 anos, chegou por primeira vez a Lugo xunto con outros catro compañeiros da Universidade de Granada e emprendeu unha "excursión de arte" por diversas vilas e cidades.

Novamente en novembro de 1932 García Lorca visitou Lugo para impartir unha conferencia no Comité de Cooperación Intelectual. “Entendemos que sería unha boa maneira de lembrar as visitas de García Lorca a Lugo, ao igual que lembrar a súa figura e as razóns do seu asasinato, restituíndo a placa de homenaxe ás visitas á cidade de Lugo” dixo Maite Ferreiro.

A colocación, en Lugo, da placa conmemorativa fora iniciativa do Foro pola Memoria Republicana de Galicia e o Concello de Lugo, que aproveitaron a conmemoración dos 90 anos da primeira visita realizada polo poeta granadino á cidade de Lugo para celebrar unha serie de actos e instalar a placa na praza de Pío XII.

En relación á primeira das visitas a Lugo e segundo os diarios da época, Federico García Lorca chegou a Santiago de Compostela o 25 de outubro de 1916. Ademais da primeira visita de Federico García Lorca á cidade de Lugo e a Galiza no 1916, o poeta granadino visitou, de novo a cidade de Lugo, en novembro de 1932. Tras o comenzo da guerra civil, na madrugada do 18 de agosto de 1936, Federico García Lorca foi fusilado polos golpistas, con 38 anos de idade, xunto a un olivo na estrada que une as localidades de Víznar e Alfacar en Granada. Os asasinos de Lorca reivindicaban esta acción por tratarse dunha persoa de esquerdas e pola súa condición de homosexual. Con isto o BNG quixo poñer de manifesto todo o sufrimento que pasaron tantas persoas polo simple feito da súa condición sexual, lembrando ademais que, malia todos os avances dados, aínda queda moito camiño por dar para acadar unha liberdade e unha normalización total.