A APLICACIÓN XA SE PODE DESCARGAR E TAMÉN SE PODERÁN FACER ACHEGAS A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS DO BNG DE LUGO

Rubén Arroxo presentou unha APP que permite facer aportacións ao programa do BNG

“Con esta aplicación para dispositivos móbiles, calquera persoa poderá achegar ideas e proposta para o noso programa de goberno” dixo Arroxo

Rubén Arroxo presentou unha APP que permite facer aportacións ao programa do BNG

Lugo, 22 de xaneiro 2019. O BNG de Lugo presentou hoxe unha aplicación para dispositivos móbiles. “Con esta aplicación para dispositivos móbiles, calquera persoa poderá achegar ideas e proposta para o noso programa de goberno” dixo Arroxo. Na presentación participaron Alexandre Penas, como número 3 da candidatura do BNG e Alfredo Gómez creador da aplicación. A aplicación xa se pode descargar dende o Play Store e tamén se poderán facer achegas a través das redes sociais do BNG de Lugo.

Arroxo sinalou que “a aposta do BNG é estar onde está a sociedade actual e por iso abrimos foros de participación nas redes sociais e a través das aplicacións para móbiles”. A descarga da aplicación é completamente gratuíta e pódese facer escaneando o código QR que se publicará nas redes sociais do BNG ou ben poñendo as palabras BNG Lugo no Play Store.

“Teremos en conta todas as propostas que recibimos e incluiremos no noso programa de goberno aquelas que sexan coincidentes co noso modelo de concello” explicou Arroxo. Está aplicación únese, como ferramenta de comunicación, ás redes sociais que o BNG de Lugo xa ten posto en marcha en Faebook, Twitter e Instagram. Arroxo anunciou que en vindeiras semanas convocaranse unha serie de comisións sectoriais abertas nas que tamén se poderán facer achegas para o programa do BNG.