O BNG LEVARÁ AO PARLAMENTO GALEGO UNHA INICIATIVA SOBRE A ESTRADA DE CASTRONCÁN A O INCIO

O BNG LEVARÁ AO PARLAMENTO GALEGO UNHA INICIATIVA SOBRE A ESTRADA DE CASTRONCÁN A O INCIO

Cosme-AnaCosme Pombo anunciou que a iniciativa será debatida este xoves no Pleno do Parlamento e “esixiremos que se remate esta obra, dunha vez, prometida por Feijoo no ano 2010"

Santiago, 7 de abril 2015. O BNG defenderá este xoves no Pleno do Parlamento Galego unha iniciativa na que reclamará o remate das obras da estrada de Castroncán a O Incio. Pombo afirmou que “o BNG loitará para que se cumpra o que Feijoo prometeu no ano 2010 e que a día de hoxe está sen rematar”. Para o BNG “non é normal que unha obra que ten exectuada a segunda e a terceira fase, non iniciara aínda a primeira fase e que non teña unha data prevista para a súa finalización”.

Cosme Pombo lembrou que para a execución desta obra xa se expropiaron e pagaron todas as propiedades particulares que estaban afectadas polo trazado da estrada. “Trátase dunha obra necesaria para intercomunicar os concellos de Samos, Sarria e O Incio” afirmou Pombo que engadiu que “estamos a falar da conexión de dous dos concellos da montaña lucense co concello con máis poboación polo que transcurreo o camiño de Santiago na provincia de Lugo”.

Esta iniciativa debatirase tras a denuncia do Grupo Parlamentar do BNG dunha nova vulneración do regulamento do Parlamento galego que no seu artigo 28 dí que “todos os grupos parlamentares gozan de idénticos dereitos”, xa que o PP fixo uso da súa maioría absoluta para impedir que se tratara na comisión a iniciativa do BNG sobre o  remate da obra na LU-641 Castroncán-O Incio. Para Cosme Pombo está claro que “o PP quere instalar no Parlamento Galego un funcionamento caciquil e antidemocrático, mentras o Presidente Feijoo anuncia medidas de impulso democrático”.

Pombo dixo que “o BNG seguirá traballando por levar iniciativas ao Parlamento galego, para solucionar os problemas das galegas e galegos”. “Aínda que ao PP non lle guste, e o PSOE se abasteña, o BNG defenderá os dereitos das veciñas e veciños de Sarria, Samos e O Incio a ter unhos accesos dignos para poder intercomunicarse no século XXI” sentenciou Cosme Pombo.

O BNG LEVARÁ AO PARLAMENTO GALEGO UNHA INICIATIVA SOBRE A ESTRADA DE CASTRONCÁN A O INCIO