O BNG PRESENTOU UNHA DENUNCIA NO SEPRONA E TÉCNICOS DE MEDIOAMBIENTE DA XUNTA TOMARON MOSTRAS DOS VERTIDOS PARA REMITIR OS RESULTADOS Á CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA

O BNG levará ao Pleno da Corporación a contaminación do río Rato na Garaballa

O voceiro do BNG-AA mantivo unha xuntanza con veciñas e veciños para dar conta do estado no que se atopa o expediente iniciado pola Confederación contra o Concello

O BNG levará ao Pleno da Corporación a contaminación do río Rato na Garaballa

Lugo, 3 de abril 2018. O voceiro do BNG-AA visitou a Garaballa e mantivo unha xuntanza con veciñas e veciños para dar conta do estado no que se atopa o expediente iniciado pola Confederación contra o Concello. Recentemente a Confederación Hidrográfica abriu expediente sancionador contra o concello de Lugo polos verquidos de augas residuais que, durante anos, veñen sufrindo as veciñas e veciños da Garaballa. O BNG denunciou en numerosas ocasións esta situación e trasladou á comisión municipal correspondente a demanda da veciñanza que levan anos sufrindo cheiros e mosquitos polas augas residuais que van directamente na parte alta do río Rato.

O BNG reclamou en numerosas ocasións unha solución e ante a pasividade do goberno municipal o voceiro, Rubén Arroxo, trasladou este asunto ao SEPRONA e a Confederación Hidrográfica. Técnicos de Medioambiente da Xunta tomaron mostras dos vertidos para analizar as características e o grado de contaminación das mesmas e remitilos resultados á Confederación Hidrográfica. Segundo figura no propio documento, é debida ... a vertido directo ao caudo do arroio San Salvador, sin autorización previa de este organismo de conca, de augas residuais procedentes do aliviadeiro As Termas, causando danos ao dominio público hidraulico, no barrio da Garaballa...

Rubén Arroxo lembrou que o BNG levou, por última vez, este tema á comisión de Infraestruturas o 22 de setembro do 2016 e a resposta do concelleiro foi, segundo figura na acta a seguinte: que se está revisando e cando se definan que actuacións se deben acometer procederase a levalas a cabo. “O BNG deu o paso de acudir á Confederación Hidrográfica e o SEPRONA ante a inacción do goberno municipal, por que as veciñas e veciños non poden seguir vivindo a carón dunha cloaca e soportando todas as molestias que trae consigo na súa propia casa” dixo Rubén Arroxo.