“A XUNTA DEBERÍA TER CORREXIDO ESTAS CARENCIAS XA QUE EN OUTUBRO DE 2015 APROBOUSE UN PLAN DE BANDA LARGA 2020 PARA DAR COBERTURA AO RURAL GALEGO” DIXO RODIL

O BNG levará unha iniciativa ao Parlamento para mellorar a cobertura de telefonía na zona de O Veral e Sta. Mª Alta

Olalla Rodil dixo que “o goberno galego non pode tirar balóns fora apelando ás operadoras pola falta de cobertura nestas parroquias lucenses”

O BNG levará unha iniciativa ao Parlamento para mellorar a cobertura de telefonía na zona de O Veral e Sta. Mª Alta

Lugo, 19 de maio de 2017. A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, reclama no Parlamento medidas efectivas para corrixir as deficiencias técnicas que impiden á veciñanza das parroquias de O Veral, Stª Mª de Alta e todo o Val do Mera no concello de Lugo. Ter acceso á telefonía móbil e a internet que, ata agora, a Xunta non logrou corrixir pese ao Plan de banda larga 2020 aprobado en outubro de 2015 é unha necesidade para dotar ao rural dos servizos necesarios.

Rodil atribúe ao desinterese do Goberno por dar solucións a estas carencias no rural e promover a necesaria fixación de poboación no medio rural. “Falta unha aposta decidida para facilitar un acceso óptimo a estes servizos pese as repetidas solicitudes da veciñanza nunha zona do concello moi próxima á capital e que sorprendentemente carece de cobertura para a telefonía mobil e o internet”, indicou.

A parlamentaria do BNG lembrou as queixas veciñas e sinalou que xa se fixeron as oportunas reclamacións ante as operadoras “por eso entendemos que o goberno galego debe tomar cartas no asunto para solventar esta situación o antes posible”. “Non é de recibo que a Xunta tire balóns fora apelando a que é unha responsabilidade das empresas operadoras na zona”. “Suponse que o goberno galego debe estar para velar pola igualdade para todos e todas sen importar onde vivas e, neste sentido, non se pode ter menos posibilidades e menos calidade de vida por residir no rural”, concluíu.