O BNG LEVA MÁIS DE DEZ ANOS DEMANDANDO A CREACIÓN DUNHAS PISCINAS TERMAIS PÚBLICAS, RECUPERANDO UNHA CULTURA DE MÁIS DE 2.000 ANOS DE USO DESTAS AUGAS NA CIDADE

O BNG levará a Pleno unha proposta para que Lugo conte con piscinas termais públicas no entorno do Miño

IMG_1172

Rubén Arroxo sinalou que “os fondos do EDUSI deberían propiciar que Lugo contase con piscinas termais públicas ao aire libre igual que Ourense, Lobios ou Bande”

O BNG levará a Pleno unha proposta para que Lugo conte con piscinas termais públicas no entorno do Miño

Lugo, 17 de outubro de 2018. O BNG levará ao Pleno da Corporación unha iniciativa para que os grupos apoien a iniciativa de crear piscinas termais públicas no entorno do Miño. Rubén Arroxo volveu incidir na necesidade de que Lugo conte con piscinas termais ao carón do Miño, idea que o grupo nacionalista leva incluíndo no seu programa electoral dende o ano 2007 e que volveu sacar á palestra no momento no que o Concello logrou os fondos do plan EDUSI.

Para o portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, esta é unha oportunidade única para levalas a cabo. En canto á zona a instalar, dado que esta debería darse no ámbito EDUSI (que vai dende a Ponte Romana ata a ponte da estrada de Santiago) dende o BNG consideran que o lugar máis acertado sería a carón do paseo que hai no parque do Pazo de Feiras, xusto en fronte do Club Fluvial, por tratarse este duns terreos públicos e por ter espazo e accesos, que permitirían utilizar o aparcadoiro do Anxo Carro ou o propio que está a carón da Ponte Romana.

O concelleiro do BNG, Rubén Arroxo, considera que este é un dos proxectos que máis rédito se pode sacar do EDUSI a medio-longo prazo “temos a posibilidade de converter Lugo nun referente de uso de augas termais, ao igual que o foi en épocas pasadas, tamén temos a posibilidade de que a veciñanza da cidade poida volver usar este elemento para o seu desfrute, e iso significaría unha verdadeira apertura da cidade ao Miño” , entendendo ademais dende o BNG que de non executalo canto antes, Lugo perdería unha oportunidade única.

Rubén Arroxo lembrou que a USC fixo un estudo, por encargo do Concello, que recolle diversas posibilidades para lograr este uso lúdico público dentro da legalidade vixente para non interferir na actividade do balneario, que van dende un estudo xeolóxico a través de sondeos para acadar correntes de auga quente que non inflúan no curso acuifero do balneario, como o de crear sistemas xeotérmicos de ciclo pechado que permitan obter auga termal, a pesar de que esta última non sería mediciñal, pero si evitaría os olores a sulfatos e garantiría a inexistente influencia no caudal do balneario.

O BNG levará a Pleno unha proposta para que Lugo conte con piscinas termais públicas no entorno do Miño