O BNG de Lugo valora positivamente o anuncio do Consello Xeral do Poder Xudicial ao respecto dos xulgados de violencia de xénero

cartaz violencia de xénero agosto 2018
Cartaz da campaña que desenvolveu o BNG

 

Maite Ferreiro: “vemos positivo este anuncio, mais debemos seguir traballando para que Lugo teña un xulgado específico canto antes”

 

A concelleira do BNG lembrou que “este foi un dos puntos do acordo que o BNG asinou de cara á investidura do goberno do estado”

O BNG de Lugo valora positivamente o anuncio do Consello Xeral do Poder Xudicial ao respecto dos xulgados de violencia de xénero

Lugo, 14 de febreiro de 2020.  A concelleira do BNG en Lugo, Maite Ferreiro, valorou positivamente o anuncio por parte do Consello Xeral do Poder Xudicial ao respecto da especialización dun xulgado en materia de violencia de xénero para Lugo.  Ferreiro lembrou que “esta foi unha das demandas nas que o BNG desenvolveu nos últimos anos unha forte campaña de mobilización social e actividade institucional, con centos de sinaturas recollidas, e que tivo unha gran acollida por parte da sociedade”.

“Vemos este anuncio como un paso adiante de cara a conseguir un xulgado específico, máis debemos seguir traballando para que isto se materialice canto antes”, declarou Maite Ferreiro, que lembrou que “a creación de tres xulgados específicos, nas tres cidades que aínda non contan con un, foi un dos piares básicos do acordo que o BNG conseguiu para apoiar a investidura do goberno do Estado”.

O BNG aposta pola comarcalización do servizo e que, esta dependencia xudicial acollese todos os casos que se produzan en Lugo, permitindo que a atención se poida realizar nunha instalación próxima ás vítimas para reducir a perturbación que o proceso xudicial implica.

O BNG de Lugo valora positivamente o anuncio do Consello Xeral do Poder Xudicial ao respecto dos xulgados de violencia de xénero