EXPLICARASE A NORMATIVA QUE DEFINE AS DISTANCIAS DE PLANTACIÓN DE ESPECIES ARBÓREAS A CASAS E TERRAS DE CULTIVO

O BNG organiza en Becerreá unha xornada sobre as Franxas de Seguridade e a Lei de Montes

cartaz acto medio rural becerreá out18

A charla celebrarase na Casa da Cultura de Becerreá, ás 20:30 horas e falará Ovidio Montaña e Xosé Ramón Pedreira, Técnico do Medio Rural

O BNG organiza en Becerreá unha xornada sobre as Franxas de Seguridade e a Lei de Montes

Becerreá, 17 de outubro de 2018. O BNG celebra en Becerreá unha xornada sobre as distancias das franxas de seguridade fronte aos incendios e a Lei de Montes. O BNG organiza este acto para informar e concienciar sobre a importancia que teñen as labores de prevención para evitar ou minorar o número de incendios e as súas graves consecuencias ambientais, económicas, sociais  e humanas. Ovidio Montaña sinalou que “fai un ano, Galiza ardía polos catro costados e houbo moitos concellos de Pontevedra e Ourense afectados, nos que, a maiores dos importantes danos ambientais e económicos, perdeuse a vida de 4 persoas”.

No concello de Cervantes, o lume queimou hectáreas de montes, pasteiros e algunha casa. As súas consecuencias foron moitas e moi graves, e aínda non están superadas. Por iso o BNG, cando tivo responsabilidades de goberno na Consellaría do Medio Rural, aprobou no 2007 unhas medidas para previr e reducir as consecuencias dos incendios. Estas normas foron modificadas polo Goberno do PP no 2009, reducindo a distancia e as medidas de seguridade con respecto ás vías públicas, aos pobos e ás vivendas diseminadas.

A vaga de lumes do ano pasado obrigou ao Goberno da Xunta a rectificar e recuperar algunhas das medidas que xa empezara a desenvolver o BNG no 2007, pero sen facilitar a información nin os medios necesarios para levalas á práctica. “A labor informativa tería que ser realizada pola Consellaría do Medio Rural e tamén o noso Concello” dixo Ovidio Montaña. Dende o BNG considerase a utilidade de organizar esta charla para informar a veciñanza de Becerreá, sobre a lexislación actual referente as distancias das franxas de seguridade fronte aos incendios e a Lei de Montes. Na xornada intervirán falará Ovidio Montaña e Xosé Ramón Pedreira, Técnico do Medio Rural

O BNG organiza en Becerreá unha xornada sobre as Franxas de Seguridade e a Lei de Montes