MAITE FERREIRO: “GALIZA DEBE TER UNHA NOVA LEI DE IGUALDADE QUE CONTEMPLE OS RECURSOS SUFICIENTES PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA”

O BNG organizou unha nova charla feminista sobre Educación na Igualdade

O acto contou coa participación da mestra Mari Blanco e da psicóloga Laura Pardeiro, e foi presentada por Maite Ferreiro

O BNG organizou unha nova charla feminista sobre Educación na Igualdade

Lugo, 03 de marzo de 2020. A comisión feminista do BNG de Lugo, en colaboración coa Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, organizaron este martes unha nova charla feminista. Nesta ocasión, baixo o título de Educación na Igualdade, escoitáronse as propostas da mestra Mari Blanco e da psicóloga experta en educación Laura Pardeiro para poder avanzar de cara á igualdade nun asunto tan importante como é a educación.

A charla foi presentada pola Vicepresidenta da Deputación e concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, que destacou “a importancia da educación como piar clave para conquistar a plena igualdade e eliminar a violencia contra as mulleres”. Maite Ferreiro afirmou que “Galiza debe ter unha axenda feminista, con espazos para construír ideas e proxectos vitais para o noso país”.

“Galiza precisa dunha nova lei de igualdade que contemple os recursos suficientes para loitar contra a violencia machista”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “a partir do 5 de abril temos que abrir un tempo novo para Galiza, e a loita contra a violencia machista será un dos piares básicos do traballo do BNG”.

O BNG organizou unha nova charla feminista sobre Educación na Igualdade