NO CASO DE LUGO HAI INNUMERABLES INMOBLES PROPIEDADE DA IGREXA CATÓLICA EXENTOS DO PAGO DO IBI, ENTRE ELES O NEGOCIO DO PARKING DO SEMINARIO

O BNG pedirá a aplicación do ditame do tribunal de Luxemburgo sobre a exención dos impostos á igrexa

Rubén Arroxo explicou que “o tribunal da UE está recoñecendo que as exencións de impostos poderían supoñer axudas ilegais do Estado á Igrexa”

O BNG pedirá a aplicación do ditame do tribunal de Luxemburgo sobre a exención dos impostos á igrexa

Lugo, 28 de xuño 2017. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que lle trasladará unha petición ao goberno municipal para que os servizos xurídicos do concello estuden o recente ditame do Tribunal de Xustiza da UE no que se advirte “que as exencións fiscais poderían constituír axudas do Estado ilegais que serven para financiar actividades económicas”. Rubén Arroxo explicou que “o tribunal da UE está recoñecendo que as exencións de impostos poderían supoñer axudas ilegais do Estado á Igrexa”.

Arroxo lembrou que o BNG xa denunciou “en numerosas ocasións” a necesidade de revisar a situación legal de diversos inmobles propiedade da Igrexa Católica que en Lugo exentos do pago de impostos. “O caso máis sangrante é o do parking do seminario por tratarse dunha empresa cunha clara actividade económica e que, ademais, supón unha competencia desleal para outras empresas de similares características que si están a pagar relixiosamente os seus impostos” dixo Arroxo.

Segundo informou o voceiro do BNG-AA no concello de Lugo “o tribunal de xustiza da Unión Europea ven de considerar que as exencións de impostos a Igrexa Católica poderían constituír axudas prohibidas cando se está a manter algunha actividade económica e esta se beneficia da exención de impostos”. Ademais, o mesmo tribunal sinala que o Concordato firmado entre o Estado Español e a Santa Sede foi asinado antes da entrada deste estado na Unión Europea e que a Igrexa debería facer pago dos seus impostos cando realiza actividade económica.

 

A corte europeo advirte de que aínda que o acordo entre Igrexa e Estado sexa anterior á adhesión española a UE, a exención fiscal debe ser considerada como unha axuda nova porque os impostos sobre determinados conceptos son de nova creación. Arroxo pediu que “o goberno municipal estude cales son as posibilidades abertas por esta novo pronunciamento xudicial para que o concello de Lugo poida cobrar os debidos impostos que agora a igrexa se está negando a pagar”.

O pronunciamiento da xustiza europea débese á pregunta prexudicial plantexada polo xulgado do contencioso-administrativo número 4 de Madrid en relación a un litixio promovido polo concello de Getafe. Un colexio relixioso da localidade, xestionado pola Congregación de Escuelas Pías Provincia Betania, solicitou a devolución de un imposto municipal sobre construcións, instalacións e obras por importe de casi 24.000 euros que a congregación relixiosa responsable da escola abonara por obras en un edificio escolar.

No caso da petición do colexio de Getafe, foi desestimada polo concello baixo o argumento de que a exención non era aplicable porque se solicitara con respecto a unha actividade sen finalidade relixiosa. A congregación relixiosa recurriu ante os tribunais que decidiron plantexar unha pregunta prexudicial á corte europea sobre si a polémica exención fiscal aplicada ao edificio escolar debe ser considerada como unha axuda do Estado prohibida e se o feito de que o Estado exima a unha comunidade relixiosa do pago de impostos, incluso respecto a actividade que no ten unha finalidade relixiosa, pode ser axuda de estado ilegal.

O BNG pedirá a aplicación do ditame do tribunal de Luxemburgo sobre a exención dos impostos á igrexa