O ÚNICO QUE FIXO GOBERNO LOCAL EN MATERIA TURÍSTICA FOI CREAR UNHA POLÉMICA COAS BASES DE ADXUDICACIÓN DA ATENCIÓN DAS SALAS MUSEÍSTICAS E DA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO

O BNG pedirá “unha vez máis” a constitución do Consello Municipal de Turismo

“O concello non ten política de promoción turística e as necesidades da cidade aumentan a pesar da nula implicación do goberno municipal” sinalou Maite Ferreiro

O BNG pedirá “unha vez máis” a constitución do Consello Municipal de Turismo

Lugo, 8 de agosto 2018. O BNG-AA pide, unha vez máis, a creación do Consello Municipal de Turismo e, a súa edil, Maite Ferreiro, lembra que “no 2016 o goberno municipal anunciou a súa creación despois de aprobala na Xunta de Goberno do 30 de marzo”. Maite Ferreiro sinalou que “no mes de xuño aprobouse, en sesión plenaria e por unanimidade, o regulamento de funcionamento de este órgano que debería servir para promover o turismo no noso concello e dar solución ás deficiencias de xestión de espazos municipais que ofrecen servizos ao turismo que chega á cidade” e engadiu “non pode ser que non se faga política en materia de turismo cando as necesidades da cidade aumenta a pesares da nula implicación do goberno municipal”.

Para o BNG-AA “o turismo medra en Lugo a pesar deste goberno municipal”, Maite Ferreiro explicou que “o concello de Lugo carece de propostas de promoción turística e o goberno non é capaz nin de executar a creación do Consello Municipal de Turismo para tratar de establecer políticas que reforcen a captación de turismo para a cidade de Lugo e para o resto do concello”. “A pesares de que no concello de Lugo conflúen tres elementos Patrimonio da Humanidade, o goberno municipal non foi capaz de crear paquetes turísticos que, ademais de atraer turistas, promovan o incremento das pernoctas na cidade” explicou Ferreiro.

A concelleira do BNG sinalou que o último procedemento para a adxudicación da xestión dos museos e da oficina de turismo “foi polémico polas bases establecidas para o persoal e este é o único que fixo o goberno en materia turística no que vai de ano”. O BNG aposta pola municipalización da atención nas salas museísticas e a oficina de turismo ademais o BNG propuxo a creación dun punto de recepción de visitantes por que “Lugo conta con dúas oficinas de turismo,da Xunta e do Concello, a menos de 100 metros unha da outra, pero non hai puntos de información en puntos tan concurridos como a praza Maior”.

O BNG pedirá “unha vez máis” a constitución do Consello Municipal de Turismo