A RÚA POUSADELA E UNHA VÍA MOI UTILIZADA POR VECIÑAS E VECIÑOS DA CHEDA PARA ACHEGARSE AO CENTRO DA CIDADE CAMIÑANDO

O BNG pide que se fagan as intervencións necesarias para abrir a rúa Pousadela entre a Cheda e a ronda do Carme

Rubén Arroxo lembrou que “o  BNG xa pediu arranxos no ano 2016 e agora tramo entre a Cheda e a Ronda do Carme leva uns 15 días cortada”

O BNG pide que se fagan as intervencións necesarias para abrir a rúa Pousadela entre a Cheda e a ronda do Carme

Lugo, 5 de decembro de 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, pediu que se tomen as medidas necesarias para que se poida abrir á circulación a rúa Pousadela no tramo entre a Cheda e a ronda do Carme. Este tramo leva cortado á circulación de persoas e vehículos dende fai uns 15 días por desprendementos “entendemos que ademais de cortar a circulación por motivos de seguridade o concello debe poñerse a traballar para solucionar os problemas o antes posible”.

Rubén Arroxo lembrou que “é o acceso máis directo entre o barrio da Cheda e o centro da cidade”e sinalou que “dende o BNG xa pedimos, en agosto do ano 2016, que o arranxo a e adecetamento desta rúa por que era fácil ver como se deterioraba o pavimento e o entorno” (http://lugocentro.bng.gal/articulo/novas/bng-aa-pedira-arranxo-adecentamento-da-rua-pousadela/20160805153453005499.html ).

Ademais de consolidar aqueles elmentos que poden provocar perigo de derrubamentos, a rúa Pousadela, segundo o voceiro do BNG, “precisa dun arranxo das fochancas que a fan practicamente intransitable e dunha limpeza da maleza que invade a vía”. Tendo en conta que a rúa Pousadela ten unha lonxitude duns 200 metros, “trátase dunha obra de baixo custo que redundará, sen dúbida, na calidade de vida das perosas que utilizan a diario” afirmou Arroxo.