“O BARRIO DA CHEDA É UN EXEMPLO DE CÓMO OS PROPIETARIOS TEÑEN QUE SUFRIR PINTADAS DE DUBIDOSO GUSTO SEN QUE O CONCELLO FAGA NADA” DIXO RUBÉN ARROXO

O BNG pide a implicación do concello para eliminar pintadas nas fachadas

Pintadas no barrio da Cheda
Pintadas no barrio da Cheda

O normal sería que o Concello establecese plans de actuacións información sobre a eliminación das pintadas e mecanismos e prevención

O BNG pide a implicación do concello para eliminar pintadas nas fachadas

Lugo, 28 de abril de 2018. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, pediu que se establezan mecanismos no concello e se mellore a información sobre a onde poden acudir as veciñas e veciños que se ven afectados por pintadas en portas e fachadas. “Neste momento non se está dando resposta eficaz, a pesares de que o concello dispón dun servizo de limpeza de fachadas no caso de pintadas” dixo Arroxo. O voceiro do BNG dixo que “hai que traballar para minimizar este problema con, concienciación, limpeza e vixiancia”. No centro da cidade existen moitas zonas afectadas polas pintadas indiscriminadas pero a problemática tamén se extende aos barrios. “O barrio da Cheda é un exemplo de cómo os propietarios teñen que sufrir pintadas de dubidoso gusto sen que o Concello faga nada” dixo Rubén Arroxo.

Arroxo propuxo un plan de intervención para atender as queixas veciñais que se poden recibir, ademais dun plan de información e da creación dun protocolo de actuación. “O concello dispón de teléfonos de atención como o 010 ou o da policía local para recoller as queixas veciñais que se producen sobre pintadas e informar do sistema para dar resposta”. O voceiro do BNG lembrou que “xa se propuxo fai tempo a creación dunha brigada de limpeza para eliminar as pintadas pero parece que as veciñas e veciños descoñecen esta posibilidade por que o nivel de actuación é moi baixo”.

Un servizo pouco utilizado

O voceiro do BNG-AA sinalou que se pode socilitar a limpeza das fachadas, “pero está claro que existe falta de información por que, por exemplo, no ano 2016 unicamente se fixeron 10 limpezas dende este servizo e esto significa que a maior parte da xente descoñece a súa existencia”. Para o BNG sería necesario informar a veciñas e veciños da existencia deste servizo para que puideran facer uso dos mesmo.