“LEVAMOS UNHA INICIATIVA AO PLENO DE XANEIRO DESTE ANO PARA QUE SE TOMARAN MEDIDAS PERO NON SE TOMARON EFECTIVAS” ASEGUROU A VOCEIRA DO BNG NO PÁRAMO

O BNG pide melloras na calidade da auga da traída municipal do Páramo

A auga chega turbia e con impurezas aos domicilios e o alacalde di que está “moi orgulloso do seu servizo de augas”

O BNG pide melloras na calidade da auga da traída municipal do Páramo

O Páramo, 13 de abril de 2018. A voceira do BNG no concello do Páramo, Chus Gil, reclamou que se tomen medidas para mellorar a calidade da auga da traída municipal. “No pleno de xaneiro deste ano preguntamos sobre as causas polas que a auga da traída municipal saia turbia, pois algunhas familias do concello mostráronnos a súa desconfianza de que fose idónea para o consumo” dixo Gil que amosou publicamente a fotografía do filtro dun electrodoméstico totalmente atascado de materia orgánica arrastrada pola auga da rede de subministro.

“Estamos consumindo auga que teoricamente é potable, pero ás casas chega auga turbia e con moitas impurezas” dixo a voceira do BNG e engadiu “o alcalde sinalou que el descoñecía estas incidencias e que estaba moi orgulloso do servizo municipal de augas”. O BNG seguirá reclamando que se tomen medidas para garantir a potabilidade da auga e que se subministre nas debidas condicións aínda que “parace que ao alcalde non lle preocupe o asunto”.

Para o BNG “o servizo municipal de augas está moi lonxe de ser un exemplo de eficiencia e de boa xestión” por iso “insistimos en controlar mellor o subministro de auga potábel, para garantir sempre o seu consumo e para evitar situacións como a que denunciamos no pleno e recollen as fotos que acompañan este artigo”.