O BNG PEDIRÁ NO PARLAMENTO QUE SE CONTINÚEN A REHABILITACIÓN DO PAZO DE DONA URRACA E AS EXCAVACIÓNS DA UI-7, ONDE SE ATOPARON FORNOS

O BNG pide á xunta a rehabilitación do barrio da tinería

Rubén Arroxo: “Dende o concello estamos a traballar para traer turismo a Lugo, mais a Xunta está a impedírnolo co abandono deste barrio”

O BNG pide á xunta a rehabilitación do barrio da tinería

 

Lugo, 22 de xullo de 2019. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, e a deputada do Parlamento de Galiza, Olalla Rodil, xunto aos concelleiros do BNG en Lugo, visitaron o barrio da Tinería, onde demandaron máis atención para a rehabilitación deste barrio por parte da Xunta. O BNG pedirá a no Parlamento que se continúe coa rehabilitación do Pazo de Dona Urraca, ademáis das excavacións arqueolóxicas da Unidade de Intervención UI-7, onde se atoparon fornos. “Estas escavacións poderíanse converter nun centro de investigación e nun polo de atracción de visitantes para a cidade”, indicou Rubén Arroxo.

 

Olalla Rodil lembrou que dende que Feijoo chegou á Xunta hai 10 anos, o proxecto iniciado polo BNG foi completamente abandonado, sinalando “a falta do compromiso do goberno do PP na Xunta con Lugo, e dun proxecto político serio para o barrio da Tinería, que se pode converter nun motor  económico para a cidade”.

 

“Dende o concello estamos a traballar para traer turismo a Lugo, mais vemos como a Xunta está a impedírnolo co seu abandono deste barrio” indicou Rubén Arroxo, quen engadiu, “dende o BNG seguiremos traballando para recuperar o proxecto de rehabilitación e rehabitación iniciado no bipartito”