RUBÉN ARROXO SINALOU QUE “O DÍA 1 DE AGOSTO ASINOUSE O CONTRATO PARA ACONDICIONAR UN TOTAL DE 7 APARCADOIROS E CUN PRAZO DE 5 MESES DE EXECUCIÓN”

O BNG pregunta pola execución dos aparcadoiros disuasorios que tiña que estar rematada en xaneiro

AparcDinán febr 2019
Terreos na rúa Jacinto Calvo nos que se ía construir o aparcadoiro

“Dous dos máis necesarios para dinamizar o centro como son o de Jacinto Calvo e o de Paradai están paralizados” sinalou Arroxo

O BNG pregunta pola execución dos aparcadoiros disuasorios que tiña que estar rematada en xaneiro

Lugo, 4 de febreiro 2019. O acondicionamento do aparcadoiro da rúa Jacinto Calvo, xunto co de Paradai e outros 5 máis foron obxecto dun contrato asinado polo concello de Lugo a día 1 de agosto (http://lugo.gal/gl/novas/obras-de-acondicionamento-dos-7-aparcadoiros-disuasorios-con-203-novas-prazas-gratis-comezaran ). Con este contrato de  253.000€ e cun prazo de execución de 5 meses poríanse a disposición das persoas usuarias un total de 200 prazas de aparcadoiro localizadas deste xeito: r/Alcalde Manuel Portela (46 prazas); r/do Buxo (24); avda. Reverendo Xosé Fernández Núñez (15); r/Pedro González López (14); Jacinto Calvo (30); Xosé Novo Freire (28) e Paradai de Arriba (46).

Rubén Arroxo sinalou que “nos meses pasados fíxeronse algúns movementos de terras nos terreos onde estaba prevista e nada máis se fixo”. “O PSOE debería traballar para abrir aparcadoiros disuasorios e dinamizar o centro da cidade” dixo Arroxo e apuntou “é posible que a alcaldesa esté máis pendente dos tempos en clave electoral, pero lembrámoslle que existen uns prazos legais a cumprir” e engadiu “tamén é posible que a falta de planificación ou a falta de rigor impida que algúns destes aparcadoiros cheguen a abrirse”.

Arroxo lembrou “a empresa adxudicataria tiña un prazo de execución que se está incumprindo, non sabemos se por culpa da empresa ou por vontade do goberno municipal”. O BNG preguntará pola paralización desta iniciativa que foi do BNG. Arroxo puxo como exemplo o aparcadoiro da rúa Jacinto Calvo que no mes de outubro sufriu un movemento de terras e non se lle volveu tocar.

Info sobre a ubicación e proxectos: http://lugo.gal/sites/default/files/presentacion_aparcadoirosdisuasorios.pdf

O BNG pregunta pola execución dos aparcadoiros disuasorios que tiña que estar rematada en xaneiro