ARROXO LEMBROU QUE O ANO PASADO HOUBO NIÑOS DE VELUTINA NO CENTRO DA CIDADE E EN MOITAS PARROQUIAS E EXISTE UN ACORDO PLENARIO DO ANO 2016

O BNG preguntará se o concello fixo algo en relación á Velutina e se hai algún protocolo de actuación

rIMG_0823

“Concellos como Carballo aplicaron protocolos de actuación que permitiron capturar ata 2.000 raíñas que se converterían en 2.000 niños ” sinalou Rubén Arroxo

O BNG preguntará se o concello fixo algo en relación á Velutina e se hai algún protocolo de actuación

Lugo, 3 de maio de 2018. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, preguntaralle ao goberno municipal se aplicou algún plan de prevención en relación á Vespa Velutina e se existe algún protocolo de actuación previsto. Arroxo sinalou que “ademais dos operativos postos en marcha dende a Xunta de Galiza, moitos concellos sumáronse á loita contra esta especie invasora por que é necesario actuar, tamén, dende o ámbito local”. “Concellos como Carballo aplicaron protocolos de actuación que permitiron capturar ata 2.000 raíñas que se converterían en 2.000 niños ” sinalou Rubén Arroxo

Arroxo lembrou que o ano pasado houbo niños de Velutina no centro da cidade e en moitas parroquias e existe un acordo plenario do ano 2016 para adoptar as medidas precisas para o control da Velutina no termo municipal. O voceiro nacionalista sinalou que “a competencia é da Xunta de Galiza pero o concello debe ter previsto un plan de actuación para poder afrontar os problemas derivados da presenza deste insecto no noso concello”. “Non hai que inventar nada novo, trátase de aplicar protocolos eficaces que se están aplicando noutros concellos galegos e do estado e que están a dar un bo resultado” afirmou Arroxo.

Para Arroxo “trátase dun problema que se da en todo o país e se non se toman medidas vaise converter nun grave problema para a apicultura, a agricultura e as propias persoas” e advertiu que “a Velutina pode crear graves problemas cando empece a atacar viñedos, cultivos de froita e incluso instalarse nas cidades onde poderían crear problemas diversos”. O BNG-AA propuxo, fai tempo, que no concello se implantasen sistemas de actuación para frear a plaga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en espazos públicos e animar ás veciñas e veciños a colocar trampas en terraza se xardín se explicou que “cada raiña que se captura é un enxamio menos e así irase frezando o avance desta especie invasora”.

Ademais de coordinar as actuacións coa Xunta de Galiza, Arroxo explicou que o concello debe dotarse de medios persoais e materiais para erradicar este problema aos traballadores municipais que asuman estas tarefas. Arroxo explicou que os bombeiros deberían contar con equipos e formación específica para acudir a retirar enxamios de avespas Velutinas. Dende o BNG tamén se propón que o concello promova un plan de información para que as veciñas e veciños de Lugo poidan distinguir unha Vespa Velutina das especies autóctonas e saiban o que hai que facer no caso de que atopen un destes exemplares ou niños.

O BNG preguntará se o concello fixo algo en relación á Velutina e se hai algún protocolo de actuación