O BNG APOSTA POR IMPULSAR A ACTIVIDADE CULTURAL NO CONCELLO

O BNG presenta a candidatura de Palas de Rei ás eleccións municipais

IMG_0014

Manuel Saavedra: “Impulsaremos políticas e medidas que amplíen e melloren os servizos e a calidade de vida da nosa venciñanza”

O BNG presenta a candidatura de Palas de Rei ás eleccións municipais

Palas de Rei, 7 de maio 2019. O BNG presentou a candidatura para as eleccións municipais no concello de Palas de Rei. Un total de 11 persoas conforman esta candidatura, encabezada por Manuel Saavedra Pardellas “para impulsar políticas e medidas que amplíen e melloren os servizos e a calidade de vida que recibe a nosa veciñanza” afirmou o candidato do BNG.

O candidato apuntou “desenvolveremos a terceira fase do polígono industrial, adaptándoo ás necesidades das empresas locais e facilitando a instalación de novas empresas que xeren emprego na vila”. Para incidir na rehabilitación dos espazos e mellorar o saneamento e a xestión do lixo da vila propoñen poñer en marcha un plan de xestión de residuos, baseado na recollida selectiva e na reciclaxe que mellore o medio ambiente e abarate a factura do lixo. Ademáis o BNG aposta por impulsar a actividade cultural, aproveitando o paso do camiño francés e primitivo, “creando unha serie de roteiros aos diversos elementos históricos do concello, como o Castelo de Pambre” indicou Manuel Saavedra.

Un dos obxectivos da candidatura do BNG en Palas é conseguir a mellora dos actuais servizos públicos prestados polo concello. “Daremos prioridade á atención ás persoas maiores e ás nosas crianzas para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar” afirmou Manuel Saavedra.


Candidatura BNG – Palas de Rei
1. MANUEL SAAVEDRA PARDELLAS.
2. MARTA MONTECELO VARELA
3. MARIA JOSE RUAS OTERO
4. XOSE XOÁN SEOANE FERNÁNDEZ
5. MARCIAL BARRAL VÁZQUEZ
6. XOSE MARIÑO VARELA
7. MARÍA DOLORES FERNANDEZ CASEIRO
8. ALFREDO DAVID GOMEZ SANMARTIN
9. MONICA LOPEZ OTERO
10. ELOI BUJAN DIAZ
11. DOLORES CASTRO GOMEZ

O BNG presenta a candidatura de Palas de Rei ás eleccións municipais