O BNG PRESENTARÁ UNHA PREGUNTA NO CONGRESO SOBRE AS OBRAS DA AUTOVÍA EN NADELA

O BNG PRESENTARÁ UNHA PREGUNTA NO CONGRESO SOBRE AS OBRAS DA AUTOVÍA EN NADELA

Veciños e veIMG_7898 ciñas de Recimil e os representantes do BNG comprobaron como maquinaria das obras captaba auga directamente dun cauce de auga poñendo en risco o seu caudal ecolóxico

Para o BNG “facer unha infraestrutura importante non significa que se poidan asoballar os dereitos da xente que vive nas inmediacións de onde se fan as obras”

Lugo, 16 de marzo 2015. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, achegouse á parroquia de Recimil para coñecer os problemas que están a causar na zona as obras de enlace da A-6 coa autovía Lugo-Santiago . Na visita, Abraira estivo acompañada de veciños e veciñas e do candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo. Abraira anunciou que “o BNG levará ao congreso dos deputados unha iniciativa para clarexar cal é o control que hai sobre as actuacións das empresas que están a executar as obras do enlace e das súas repercusión sobre a veciñanza das parroquias da zona”.

IMG_7884“Ademais das naturais molestias que causa unha obra dete tipo, vemos como a afectación destas obras está empezando a repercutir en cauces de auga da zona”, Abraira explicou que “hoxe puidemos comprobar como vehículos das empresas que traballan nas obras da autovía procedían a captar auga directamente dun rego que apenas ten caudal”. “Trátase de actuacións que, polo menos, deben estar vixiadas polas administracións promotoras desta obras” afirmou Paz Abraira.

Paz Abraira dixo que “para o BNG é importante que o concello esté vixiante do estado no que van a quedar todas as pistas da zona por que a actividade da maquinaría vai supoñer un importante perxuizo”. Ademais os veciños e veciñas de Recimil trasladáronlle aos nacionalistas a súa preocupación pola carencia de auga en determinadas épocas do ano e reclamaron que se estude a posibilidade de achegar ata alí a rede municipal de abastecemento de augas.

O BNG PRESENTARÁ UNHA PREGUNTA NO CONGRESO SOBRE AS OBRAS DA AUTOVÍA EN NADELA