O CANDIDATO DO BNG AFIRMOU “NO BNG TEMOS UN PROXECTO PARA REVITALIZAR E DARLLE VIDA AO NOSO CONCELLO”

O BNG presentou ao candidato á alcaldía do concello do Incio

IMG_8140

Moscoso encabezará a candidatura para “devolverlle a ilusión ao O Incio” por que “sabemos que é un concello con potencial para o futuro”

O BNG presentou ao candidato á alcaldía do concello do Incio

O Incio, 27 de xaneiro de 2019. O BNG presentou ao candidato á alcaldía no concello do Incio, José Moscoso Vizcaino. Segundo Moscoso, que opta por primeira vez á alcaldía, afirmou “faremos unha candidatura para gobernar, formada por persoas de recoñecida solvencia e integridade” e engadiu “despois dos improdutivos mandatos que sufriu o noso concello aglutinaremos o voto da esquerda en O Incio por que o BNG é a única proposta sería que se presenta cun proxecto claro e ilusiónante para o concello”.

Moscoso recibiu o apoio de máis de medio cento de militantes e simpatizantes nunha cea na que foi presentado como candidato á alcaldía. No acto tamén se presentou ao novo responsable do BNG na localidade, Fernando Montero. “Estamos recibindo mostras de apoio por que se percibe ao BNG como unha forza renovada, en claro ascenso, con proxecto para O Incio e para Galiza e temos o respaldo de moitos anos de traballo serio e rigoroso” dixo Moscoso. Dende o BNG cualificouse como “desgastado e sen proxecto” ao actual equipo de goberno e argumentouse que “O Incio precisa ideas novas e xente con ilusión para levalas a cabo”. O BNG presentará unha candidatura incorporando novas caras e na que se mesturarán persoas con activismo en diversos ámbitos.

O candidato á alcaldía, nado no ano 1984, e con ampla experiencia no mundo do asociacionismo veciñal e cultural afirmou “imos a por todas por que estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello”. Moscoso agradeceu o traballo do actual voceiro do BNG no Incio, Antonio García Montero e sostivo que “a presenza do BNG na corporación municipal foi fundamental por todo o traballo feito para as veciñas e veciños”. Moscoso adiantou que García Montero seguirá colaborando dun xeito destacado co grupo do BNG no Incio.

O BNG presentou ao candidato á alcaldía do concello do Incio