O BNG PRESENTOU UNHA MOCIÓN DE URXENCIA DEMANDANDO “NOVA POLÍTICA CONTRIBUTIVA NO CONCELLO DE LUGO”

O BNG PRESENTOU UNHA MOCIÓN DE URXENCIA DEMANDANDO “NOVA POLÍTICA CONTRIBUTIVA NO CONCELLO DE LUGO”

IMG_6072

Os nacionalistas defenderán esta iniciativa no pleno do vindeiro día 3 de novembro ante a inoperancia do goberno local do PSOE que pretendía evitar o debate sobre as taxas municipais

“Non vale o café para todos, non vale a conxelación dos impostos, non todos temos os mesmos recursos e por eso non todos podemos pagar o mesmo polos mesmos servizos” dixo Paz Abraira 

Lugo, 30 de outubro 2014.  A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, deu conta da presentación dunha moción de urxencia para que, no pleno do vindeiro día 3 de novembro, se debata cal é modelo de política impositiva que debe ter o concello de Lugo. Para o BNG é prioritario que esta nova política contributiva atenda ás necesidades dunha sociedade afectada de maneira moi grave pola situación de crise económica e polas políticas neoliberais que se seguen a aplicar desde as administracións estatais e nacionais.

Para o BNG “resulta inxustificable que o goberno mu

nicipal do PSOE non queira levar ao debate plenario as taxas e os impostos públicos municipais”, segundo Paz Abraira “esto demostra a incapacidade deste goberno para atender os problemas dos veciños e veciñas de Lugo”. O BNG, en vista de que o asunto non figura na orde do día do pleno, presentou unha moción de urxencia para que o concello elabore unha nova política contributiva que favoreza aos que menos teñen e paguen menos impostos. Paz Abraira sinalou que “non vale o café para todos, non vale a conxelación dos impostos, non todos temos os mesmos recursos e por eso non todos podemos pagar o mesmo polos mesmos servizos”.

Paz Abraira explicou que “as propostas do BNG teñen como obxectivo aplicar unha maior progresividade fiscal de xeito que pague máis quen máis ten e impulsar a actividade económica a partir das exencións, gravames, bonificacións e reducións posibles nas ordenanzas fiscais e nos prezos e taxas públicos”.

Paz Abraira acusou ao goberno socialista de López Orozco de, por primeira vez en moitos anos, tratar de aprobar as taxas e os impostos municipais “pola porta de atrás e se debate público”. Abraira acusou ao alcalde de “estar máis preocupado pola súa candidatura para as próximas eleccións municipais que polos problemas reais do concello” e engadiu que “é importante que os lucenses coñezan cal é política económica deste PSOE que se vende ao mellor postor en vez de tratar de solucionar os problemas dos lucenses”.