ARROXO SINALOU QUE “UN NIÑO DE GRANDES DIMENSIÓNS NO ENTORNO DO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO, EN PLENO CENTRO DA CIDADE, DEMOSTRA A NECESIDADE DUN PLAN DE CONTROL MUNICIPAL”

O BNG propón aplicar métodos de detección de Velutina no entorno urbano para previr ataques

IMG_1106
Niño de velutinas nunha árbore do entorno do parque Rosalía de Castro de Lugo

“Fai un ano reclamamos un plan municipal contra a Velutina e o concello non fixo nada, agora demostrase a necesidade” dixo Rubén Arroxo

O BNG propón aplicar métodos de detección de Velutina no entorno urbano para previr ataques

Lugo, 1 de setembro 2017. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo informou do achádego dun niño de avespa Velutina, de grandes dimensións, no entorno do parque Rosalía de Castro. “Fai un ano reclamamos un plan municipal contra a Velutina e o concello non fixo nada, agora demostrase a necesidade” dixo Rubén Arroxo e engadiu “as Velutinas están en Lugo e o concello debe prever un plan de actuación”. Existen métodos que permiten, a través de cámaras con sistemas de infrarroxos, detectar con facilidade a presenza de niños. Algún destes sistemas foi desenrolado por universidades galegas “e entendemos que sería útil para revisar os parques urbanos e evitar posibles ataques deste himenóptero que ten unha agresividade superior ás especies autóctonas” dixo Arroxo.

A presenza deste niño, nas inmediacións do parque de Rosalía de Castro, foille advertida ao BNG por un técnico medioambiental que fixo o seguimento de exemplares de avespa velutina que foron vistos no propio parque. Grazas ao coñecemento deste técnico medioambiental puido atoparse o niño situado nunha árbore de gran altura. Rubén Arroxo sinalou que “se o concello e a Xunta puxeran os medios axeitados e contasen cos avances técnicos existentes poderianse aplicar protocolos para detectar a presenza destes niños no entorno urbano”.

O BNG xa presentara unha proposta fai aproximadamente un ano  para que no concello se implanten sistemas de actuación para frear a plaga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en espazos públicos e animar ás veciñas e veciños a colocar trampas en terraza se xardín se explicou que “cada raiña que se captura é un enxamio menos e así irase frezando o avance desta especie invasora”. Ademais de coordinar as actuacións coa Xunta de Galiza, Arroxo explicou que o concello debe dotar de medios persoais e materiais para erradicar este problema aos traballadores municipais que asuman estas tarefas. Arroxo explicou que os propios bombeiros non contan con traxes nin medios adaptados para acudir a retirar enxamios de avespas. Arroxo sinalou que “un niño de grandes dimensións no entorno do parque Rosalía de Castro, en pleno centro da cidade, demostra a necesidade dun control municipal”.

Arroxo sinalou que “a presenza desta especie no termo municipal de Lugo vai en aumento e seguirán aparecendo niños en diferentes puntos da cidade, por iso o concello debe estar preparado e os servizos de emerxencias debidamente formados para intervir”. Para Arroxo “trátase dun problema que se da en todo o país e se non se toman medidas vaise converter nun grave problema para a apicultura, a agricultura e as propias persoas” e advertiu que “a Velutina pode crear graves problemas cando empece a atacar viñedos, cultivos de froita e incluso instalarse nas cidades onde poderían crear problemas diversos”.

Iniciativa no Parlamento Galego

Hoxe mesmo o BNG anunciou a presentación dunha iniciativa no Parlamento para instar ao Goberno Galego a tomar medidas urxentes no combate da especie invasora da vespa velutina que se alimenta de insectos e sobre todo de avellas mostrando unha grande agresividade. http://www.bng.gal/articulo/novas/bng-pide-no-parlamento-plan-erradicar-vespa-velutina/20170901120726020615.html

O BNG propón aplicar métodos de detección de Velutina no entorno urbano para previr ataques