O CANEIRO DE SANTALLA, QUE SE ATOPA NA DESEMBOCADURA DO RÍO RATO, FORA RESTAURADO POLA DEPUTACIÓN E NESTE MOMENTO PRECISA DE REPARACIÓNS PARA GARANTIR A SÚA ESTABILIDADE

O BNG propón o arranxo do Caneiro de Santalla e dos desperfectos da desembocadura do río Rato

IMG_2422

Xosé Ferreiro dixo “Non é normal que a Deputación manteña esta competencia do mantemento desta zona onde se xuntan os parques do Miño e Rato”

O BNG propón o arranxo do Caneiro de Santalla e dos desperfectos da desembocadura do río Rato

Lugo, 24 de maio de 2017. O voceiro do BNG na deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, anunciou que levará ao Pleno da corporación provincial unha iniciativa para que se poña en marcha, directamente ao a través dos entes oportunos, os mecanismos, medios e recursos necesarios para mellorar o mantemento e os servizos existentes no Parque do Rato, restaurando os elementos deteriorados, mellorando os accesos e repoñendo as pasarelas que desapareceron co paso do tempo e das distintas riadas.

Ferreiro sinalou que o BNG tamén levou iniciativas neste mesmo senso ao concello de Lugo xa que “son unha constante cando se fala coas persoas usuarias deste parque as queixas polo estado deste parque, tanto no referente ao seu coidado como aos servizos que puideran existir nel, cuestión que supoñemos responden máis a motivo de medios e orzamentos que a calquera outra cuestión”.

Ademais, o BNG propón que se fagan os trámites necesarios para intentar reparar dun xeito definitivo o caneiro existente nese lugar, asegurando a súa existencia. Ferreiro explico que “no caneiro hai danos que poden poñer en perigo a súa estabilidade estrutural e ten importantes perdas de auga”. O caneiro de Santalla, que se atopa na desembocadura do río Rato, fora restaurado pola Deputación e neste momento precisa de reparacións para recuperar zonas afectadas polas riadas. Este caneiro, ademais do seu uso como elemento recreativo, é un importante elemento patrimonial e etnográfico. Pódese considerar como un peza musealizada do que foi a vida do río e o seu aproveitamento noutra época.

Competencias impropias no mantemento

Xosé Ferreiro dixo “non é normal que a Deputación manteña esta competencia do mantemento desta zona onde se xuntan os parques do Miño e Rato”. Por esto o BNG solicitara que se establezan os contactos oportunos co concello de Lugo para que este se implique do xeito máis directo posible no mantemento deste parque e co obxectivo que a medio prazo se puidera responsabilizar do seu coidado. Por circunstancias históricas, o coidado do parque recae exclusivamente sobre a Deputación de Lugo, a pesares de ser un lugar que pertence integramente ao concello de Lugo e usado moi maioritariamente pola poboación da cidade.

O BNG propón o arranxo do Caneiro de Santalla e dos desperfectos da desembocadura do río Rato