ADEMAIS DA AMPLIACIÓN DE HORARIO, O BNG PROPÓN UNHA REFORMULACIÓN DA OFERTA CULTURAL DESTE ESPAZO QUE É A ÚNICA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA CIDADE

O BNG propón que a biblioteca de Frigsa abra en horario continúo e que se amplíen as actividades culturais

Maite Ferreiro dixo que “aproveitando que a biblioteca levará o nome de Isidro Novo, deberíase modernizar o seu funcionamento”

O BNG propón que a biblioteca de Frigsa abra en horario continúo e que se amplíen as actividades culturais

Lugo, 22 de novembro de 2018. A edil do BNG, Maite Ferreiro, avanzou que o BNG proporá un aumento no horario de apertura da biblioteca Municipal situada no parque da Milagrosa (Frigsa). Maite Ferreiro dixo que “aproveitando que a biblioteca levará o nome de Isidro Novo, deberíase modernizar o seu funcionamento, ampliar o horario de apertura e reformular a oferta de actividades deste centro municipal”.

Neste momento a biblioteca de Frigsa ten un horario partido dende as 10:30 ata as 14:00 e polas tardes de 16:30 a 20:00. A proposta do BNG vai dirixida a que “ao igual que biblioteca nodal de Lugo ten un horario continuado e adaptado ás necesidades das persoas usuarias, a biblioteca municipal ten un horario partido que limita o seu uso e, en moitos casos, non cubre as demandas das persoas usuarias”. Ademais da ampliación de horario, o BNG propón unha revisión da oferta cultural deste espazo que é a única biblioteca municipal da cidade.

Ferreiro referiuse ao éxito que teñen as actividades para público infantil que se programan na biblioteca municipal e dixo “esta claro que é un éxito a actual oferta cultural, o que quere decir que se debería ampliar xa que é un espazo idóneo para a presentación de libros ou outras propostas culturais que, ás veces, non atopan espazos públicos axeitados na cidade