O VOCEIRO DO BNG OFRECEUSE A ORGANIZAR UN DEBATE PÚBLICO E AFIRMOU “ESTO É UNHA TOMADURA DE PELO E SABEMOS QUE AS VECIÑAS E VECIÑOS TOMAN BOA NOTA”

O BNG propón un “careo” entre PSOE e PP para que aclaren “o castigo” a Lugo sen zona pública de baño

“Parece que dous concelleiros do BNG temos máis capacidade para resolver os problemas que o Concello a Xunta e a Deputación xuntos” afirmou Arroxo

O BNG propón un “careo” entre PSOE e PP para que aclaren “o castigo” a Lugo sen zona pública de baño

Lugo, 23 de xuño de 2018. “Lamentablemente non é unha sorpresa que Lugo continúe sen zona pública de baño un ano máis, parece que PP e PSOE están dacordo para turnarse ano tras ano en poñer as trabas e impedir que as persoas que vivimos en Lugo e as que nos visitan poidamos disfrutar do río Miño en debidas condicións” afirmou Rubén Arroxo. O voceiro do BNG referiuse á “continua partida de pin-pon entre PP e PSOE e ao castigo que reciben as e os lucenses polas súas liortas”. Dende o ano 2009 leva o PSOE promentendo, ano tras ano, a zona pública de baño en enganando aos lucenses “mesmo incluen partidas de 250.000 euros nos orzamentos municipais, sabendo que non os van a utilizar” dixo Arroxo.

O BNG propón un “careo” entre PSOE e PP para que aclaren por que seguen “castigando” a Lugo sen zona pública de baño.  “Poden levar os seus atriles, ou poñémolos nós, pero a Alcaldesa e o Delegado da Xunta deberían aclarar publicamente, cara a cara, este asunto” dixo Rubén Arroxo e apuntou “a xente está farta das partidas de tenis con mensaxes a través dos medios de comunicación, por iso propoñemos un debate aberto no que expoñan publicamente cales son trámites que fan, os que deixan de facer e as intencións políticas que teñen en relación á creación da zona pública de baño en Lugo”.

Arroxo lembrou os trámites que fixo o BNG, cos que se autorizaba á instalación dun acceso para o baño no río e que finalmente foi a Deputación quen impediu a súa instalación “mesmo negándose o presidente a recibirnos” sinalou e engadiu “parece que dous concelleiros do BNG temos máis capacidade para resolver os problemas que o Concello a Xunta e a Deputación xuntos”. Rubén Arroxo adiantou que o BNG vai seguir traballando para destapar as mentiras do PP e do PSOE nas institucións que gobernan e para que Lugo conte cunha zona pública de baño e avanzou “se non será o BNG, despois das eleccións municipais do 2019, quen cree un espazo seguro para o baño no río Miño”.