NO VINDEIRO PLENO DO CONCELLO TRATARASE UNHA INICIATIVA DO BNG PARA A POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS, BASEADO NA RECICLAXE, REUTILIZACIÓN E RECUPERACIÓN, ALTERNATIVO AO DE SOGAMA

O BNG propón que concello que aproveite as medidas da Xunta para rebaixar nun 10% a factura do lixo

Foto de arquivo cabezas de lista do BNG reclamando un sistema alternativa a SOGAMA.
Foto de arquivo cabezas de lista do BNG reclamando un sistema alternativa a SOGAMA.

Rubén Arroxo sinalou “mentres Lugo non teña un sistema alternativo a SOGAMA o concello ten que apostar pola reciclaxe e a compostaxe”

O BNG propón que concello que aproveite as medidas da Xunta para rebaixar nun 10% a factura do lixo

 

 

 

Lugo, 23 de xaneiro de 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, aproveitou a publicación no DOG das medidas para fomentar a reciclaxe e redución que permitirán aos concellos, e ás veciñas e veciños,  aforrar ata un 10% no recibo do lixo. Arroxo sinalou que “Lugo ten que apostar decididamente pola reciclase e sobre todo pola compostaxe”. O voceiro do BNG lembrou que no vindeiro pleno do concello tratarase unha iniciativa do BNG para a posta en marcha dun Plan de xestión de residuos, baseado na reciclaxe, reutilización e recuperación, alternativo ao de SOGAMA.

Este xoves, 24 de xaneiro, o BNG celebrará un acto para analizar a repercusión de promover un sistema de compostaxe a nivel municipal. O acto será ás oito da tarde, no Centro Social Uxio Novoneyra de Lugo, e intervirán: Bernardo Varela – Responsable de Medio ambiente no Concello de Allariz; Anxo Lamelo – Biólogo e Técnico de ADEGA en Compostaxe e Rubén Arroxo – Voceiro do BNG no concello de Lugo e candidato á alcaldía.

O concello de Lugo está enviando, dende fai anos, os residuos á planta de SOGAMA. Neste momento o sistema de SOGAMA  está cuestionado e non acada os obxectivos mínimos en canto ás porcentaxes de reciclaxe que tiña marcadas. O obxectivo marcado pola Lei de Residuos da Xunta estaba cifrado en acadar, no ano 2020, o 50% de reciclaxe dos residuos que se reciben na planta de SOGAMA, na actualidade estase a reciclar un 11% dos residuos que chegan á planta de Cerceda, mentres que a media estatal é do 30%.

Arroxo sinalou que “existen suficientes modelos alternativos para a compostaxe e xestión de residuos que se poderían aplicar no concello de Lugo tanto no entorno urbano como no rural”. O BNG aposta por un Plan de xestión de residuos, baseado na reciclaxe, reutilización e recuperación, alternativo ao de SOGAMA que debería implantarse de xeito progresivo, iniciando proxectos pilotos en barrios e parroquias para despois extendelo ao resto do concello de Lugo.

Unha planta de compostaxe que nunca existiu

O concello de Lugo, no ano 2003, adxudicoulle á empresa URBASER a construción e explotación dunha planta de compostaxe no polígono do Ceao. O proxecto nunca se chegou a executar, pero a adxudicación está vixente. “Pasaron 15 anos dende esta adxudicación sin que se derá nin un solo paso para avanzar na compostaxe dos residuos deste concello” dixo Arroxo e sinalou “a compostaxe permitiría reducir moi considerablemente a cantidade de residuos a transportar e reduciría enormemente a factura que o concello lle ten que pagar á SOGAMA e que supera os 60 € por tonelada xestionada”.