“DEBERIAMOS TER UNHA BRIGADA PARA LIMPEZA DE ZONAS COMO OS POLÍGONOS INDUSTRIAS, AS AVENIDAS PERIFÉRICAS OU A ZONA DO HULA” DIXO RUBÉN ARROXO

O BNG propón a creación dunha brigada de limpeza para as zonas periféricas da cidade

IMG_7890

Arroxo explicou que “a Xunta acaba de abrir unha convocatoria para os concellos na que se subvenciona a contratación de persoas desempregadas”

O BNG propón a creación dunha brigada de limpeza para as zonas periféricas da cidade

Lugo, 16 de xaneiro de 2019. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, propuxo a creación dunha brigada de limpeza municipal para zonas periféricas da cidade. Arroxo explicou que “a Xunta acaba de abrir unha convocatoria para os concellos  (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190109/AnuncioG0424-201218-0003_gl.html ) na que se subvenciona a contratación de persoas desempregadas” e animou á alcaldesa a solicitar estas axudas para a creación dunha brigada municipal que se encargue de mellorar a limpeza no entorno da cidade.

Arroxo puxo como exemplo a cantidade de lixo que se acumula na av. Infanta Elena, na zona dos centros comerciais “se o concello contara cunha brigada de 5 ou 6 persoas, poderían adicarse cada semana a unha zona da periferia e Lugo tería outro aspecto moi diferente”. Arroxo referiuse á cantidade de lixo que se acumula na mediana de avenidas, nos polígonos industriais, e nalgúns barrios da cidade.

O voceiro do BNG e candidato á alcaldía referiuse á necesidade de “ir remunicipalizando o servizo de limpeza, unha vez que a alcaldesa non  é capaz de renovar o contrato” e sinalou “sería un primeiro paso para que o concello teña unha brigada propia que complemente o traballo da empresa de limpeza pero sen depender de esta”. Arroxo lembrou que en xuño de 2016 xa se aprobou en pleno unha iniciativa do BNG para avanzar na remunicipalización do servizo de limpeza,.

O BNG propón a creación dunha brigada de limpeza para as zonas periféricas da cidade