O BNG propón destinar 100 millóns de euros máis na Atención Primaria nestes Orzamentos 2021

Concentración en Vilalba pola Sanidade Pública
Concentración en Vilalba pola Sanidade Pública

A deputada Olalla Rodil resaltou “hai que desconfinar a atención primaria”

O BNG organizou diante do Centro de Saúde de Vilalba unha concentración contra os recortes na atención primaria

O BNG propón destinar 100 millóns de euros máis na Atención Primaria nestes Orzamentos 2021

Lugo, 28 de novembro de 2020.  O Bloque Nacionalista Galego organizou en Vilalba diante do seu centro de saúde unha concentración baixo lema “Defendamos a Sanidade Pública Galega, Non aos Recortes na atención Primaria”. Nesta concentración estivo presente a deputada por Lugo e viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, xunto con integrantes da organización na localidade.

O Bloque propón como punto de incio para reforzar a Sanidade Pública, un incremento de 100 millóns de euros para a atención primaria nos orzamentos da Xunta 2021. A deputada nacionalista Olalla Rodil sinalou “a atención primaria é unha peza chave para xestionar e frear a pandemia” no que engadiu “a Xunta ten que garantir o persoal e os materiais precisos para o total funcionamento da Sanidade Pública”

A deputada explicou que a prioridade da fronte nacionalista é frear o virus e fixo fincapé en que “hai que desconfinar atención primaria” para poder garantir a atención primaria presencial a toda a poboación galega. Rodil destacou que “hai que atender aquelas persoas que seguen a sufrir as memas enfermidades antes de que chegara a COVID-19”

O BNG pedirá tamén protocolos claros para finalizar coas discriminacións e desigualdades que se veñen detectando na atención nos últimos meses

O BNG propón destinar 100 millóns de euros máis na Atención Primaria nestes Orzamentos 2021