“TODAS AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DEBEN TER ASEOS E VESTIARIOS, E NESTE CASO, DEPENDEN DAS DO PAZO UNIVERSITARIO”, INDICOU ARROXO

O BNG propón a instalación de baños e vestiarios no Anexo do Pazo dos Deportes

IMG_9785
O BNG propón a instalación de baños e vestiarios no Anexo do Pazo dos Deportes

Lugo, 5 de abril de 2019. O candidato do BNG á alcaldía de Lugo,  reclamou a instalación de baños e vestiarios no Anexo do Pazo dos Deportes. Arroxo indicou que “sería unha pequena inversión necesaria para evitar que os nenos que utilizan estas instalacións se sigan vendo obrigados a rodear o Pazo até os vestiarios”. Rubén Arroxo lembrou que “todas as instalacións deportivas deben ter aseos e vestiarios, e neste caso, dependen das do Pazo Universitario”.

O BNG traslada esta proposta, que levará no seu programa de goberno ante as reiteradas queixas de pais e nais, que levan aos fillos a estas instalacións. Nesta liña, desde a organización nacionalista, xa teñen advertido en varias ocasións da necesidade de mellorar e incrementar as instalacións deportivas cubertas na cidade, dado que existen múltiples problemas á hora de encaixar os horarios no deporte escolar.

Novas instalacións deportivas

O BNG xa solicitou a creación dunha nova zona deportiva no barrio da Abella,  Rubén Arroxo sinalou a carencia de instalacións deste tipo nesta zona da cidade e lembrou que “o plan EDUSI recolle a zona da Abella como zona de posibles actuacións”. O BNG levará no seu programa a creación dun novo polideportivo aproveitando parte dos 12,5 millóns de euros cos que conta o programa.

O BNG propón a instalación de baños e vestiarios no Anexo do Pazo dos Deportes