FERREIRO INFORMOU QUE O BNG SOLICITARÁ QUE SE DE CONTA DOS FONDOS QUE VAI RECIBIR LUGO NO FORO DE IGUALDADE DO CONCELLO PARA DECIDIR O SEU DESTINO

O BNG propón a integración do Concello no sistema Viogen de protección de vítimas de violencia de xénero

IMG_2821b

“Non podemos ter unha policía e servizos sociais alleos aos casos de violencia de xénero pola falta de iniciativa política” sinalou Maite Ferreiro

O BNG propón a integración do Concello no sistema Viogen de protección de vítimas de violencia de xénero

Lugo, 17 de setembro de 2018. O BNG proponlle ao goberno municipal que inicie os trámites necesarios para integrar ao Concello de Lugo no sistema de Sistema de Seguimento Integral de Violencia de Xénero (Viogen). Segundo explicou a edil Maite Ferreiro na provincia de Lugo solo están plenamente integrados neste sistema os concellos de Burela, Ribadeo e Vilalba “non podemos ter unha policía e uns servizos sociais alleos aos casos de violencia de xénero pola falta de iniciativa política” e engadiu “coa integración do Concello no sistema Viogen a Policía Local de Lugo participará da prevención, vixilancia e protección de vítimas ademais de compartir datos e información sobre agresores”.

Maite Ferreiro sinalou que o concello de Lugo recibirá unha “cantidade mermada” no reparto de fondos do Pacto de Estado contra de Violencia de Xénero debido a que o concello non está integrado no Sistema Viogén. A Subdelegada do Goberno anunciou fondos para os concellos lucenses pero o de Lugo non está integrado neste sistema de Sistema de Seguimento Integral de Violencia de Xénero (Viogen). Lugo recibirá 106.000 para repartir entre os 67 concellos da provincia e o reparto farase cunha cantidade fixa de fondos para cada concello de 689 € e a estes sumaránselle unha cantidade variable que resultará de multiplicar 0,18 € polo número de habitantes, unha cantidade que a edil do BNG cualificou como “claramente insuficiente”.

Unha das medidas máis urxentes de levar a cabo é a necesidade de adoptar as modificacións legais oportunas para que a administración local poida levar a cabo actuacións na promoción da igualdade entre homes e mulleres. “Os concellos son as administración máis próximas e temos que ter ferramentas para loitar contra a violencia de xénero” asegurou Maite Ferreiro.

Iniciativas ao Foro de Igualdade

A edil do BNG anunciou que presentará unha petición formal para que se dea conta no Foro de Igualdade do concello de Lugo sobre o reparto destes fondos. Ademais o BNG proporá que se teñan en contan as propostas deste Foro para destinar os fondos que reciba o concello de Lugo. Tamén se levará unha proposta para que o concello de Lugo avance na integración do concello neste Sistema Viogen que xa agrupa a centos de municipios do estado.

O BNG propón a integración do Concello no sistema Viogen de protección de vítimas de violencia de xénero