DENDE A AV. DA CORUÑA O BUS DA LIÑA 5 BAIXARÍA POR TINO GRANDIO E LAMAS DE PRADO PARA EVITAR OS RETRASOS QUE ACUMULA E AFORRARIASE UN PERCORRIDO INUTIL

O BNG propón un novo percorrido para solucionar o problema da liña 5 do bus

Imaxe da campaña do BNG para a recollida de propostas relativas ás liñas de buses

“Persoas usuarias suxeriron esta alternativa que consideramos axeitada mentres non rematan as obras na Milagrosa” sinalou Rubén Arroxo

O BNG propón un novo percorrido para solucionar o problema da liña 5 do bus

Lugo, 30 de xaneiro de 2019. Rubén Arroxo trasladoulle ao goberno municipal unha proposta para rectificar o catastrófico desvío que se fixo da liña de buses cando comezaron as obras da pza. da Milagrosa. Arroxo sinalou “os reiterados retrasos e incumprimentos de horarios e supresión de viaxes na liña 5 A Campiña - Abella, desde que se pechou ao tráfico a Praza da Milagrosa, como a continua perda de viaxeiros pola nula fiabilidade do servizo”.

A proposta consiste en que o bus da liña 5, desde av. da Coruña,  se dirixa á Abella baixando pola Rúa Tino Grandío e Lamas de Prado. Dende Lamas de Prado, o bus da liña 5 faría a mesma ruta coa actual liña 4 (Tolda – Abella). Con esta corrección do percorrido recuperaríase a fiabilidade e cumprir os horarios e frecuencias. “Persoas usuarias suxeriron que esta alternativa que consideramos axeitada mentres non rematan as obras na Milagrosa” sinalou Rubén Arroxo.

“Coa implantación deste percorrido alternativo afórranse as voltas que da na actualidade ao impoñer o itinerario por Monte Faro e Illas Canarias co que se ampliou 1,5 km o percorrido, para converxer en Lamas de Prado, tardando máis tempo, e por riba perdendo usuarias, cando non, o bus circulando prácticamente baleiro” explicou Arroxo e engadiu que “esto suporía unha aforro de cartos e un mellor servizo”. A zona da Milagrosa non quedaría desatendida, xa que hai liñas de bus que cubren a demanda de xeito razoable (aínda que mellorable) tanto pola Avda. da Coruña como Camiño Real.

O BNG propón un novo percorrido para solucionar o problema da liña 5 do bus