O BNG propón sinalizar a entrada dos novos aparcadoiros disuasorios

IMG_20190417_113408_183

Rubén Arroxo sinalou que “Moitas persoas descoñecen a súa existencia, ou pensan que se tratan de aparcadoiros privados por falta de sinalización”

O BNG propón sinalizar a entrada dos novos aparcadoiros disuasorios

Lugo, 17 de abril 2019. O BNG considera importante que se sinalice a entrada dos novos aparcadoiros disuasorios, posto que en palabras do voceiro nacionalista, Rubén Arroxo, “moitas persoas descoñecen a súa existencia, ou pensan que se tratan de aparcadoiros privados por falta de sinalización”, puntualizando que nas últimas datas se deron diversos casos de veciñas e veciños que afirmaron non entrar neles por esa razón, incrementando por tanto o tráfico de itinerancia nas rúas da cidade. Dende o grupo nacionalista consideran que é tan sinxelo como poñer unha sinal na entrada, dado que a día de hoxe, nos que están xa funcionando, tan só hai unha sinal de vado na entrada.

Nesta liña dende o BNG piden axilidade para rematar os que aínda están pendente, dado que o prazo de execución comezaba o 1 de agosto e remataba aos 5 meses cun contrato de 253.000€ (http://lugo.gal/gl/novas/obras-de-acondicionamento-dos-7-aparcadoiros-disuasorios-con-203-novas-prazas-gratis-comezaran), polo tanto deberían levar 3 meses e medio en funcionamento

Rubén Arroxo lembrou que os aparcadoiros disuasorios foron unha proposta feita polo BNG e aprobada no pleno de febreiro do ano 2016, polo que considerou positivo que hoxe sexa unha realidade, malia o retraso, e apuntando que no programa do BNG para as vindeiras eleccións municipais vai recollida a proposta de ampliación en número deste tipo de espazos. 

O BNG propón sinalizar a entrada dos novos aparcadoiros disuasorios