RODIL PUXO COMO EXEMPLO A “MARAÑA” DE CAMIÑOS EN PORTOMARÍN E ACUSOU Á XUNTA “DE MATAR A GALIÑA DOS OVOS DE OURO” EN RELACIÓN AO CAMIÑO DE SANTIAGO

O BNG proporá que se active un mecanismo de vixilancia da sinalización do Camiño de Santiago

IMG_2129

As dobles sinalizacións, a desaparición de sinais e a proliferación das coñecidas como rutas alternativas confunde aos peregrinos e provoca desconfianza entre hostaleiros

O BNG proporá que se active un mecanismo de vixilancia da sinalización do Camiño de Santiago

Portomarín, 6 de febreiro de 2017. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visitou Portomarín e denunciou a falta de criterio en canto á sinalización que se da nesta vila. Rodil lembrou tamén as desafortunadas intervencións, xa denunciadas polo BNG, que se están a acometer en zonas como a Fonsagrada ou Baleira. As dobles sinalizacións, a desaparición de sinais e a proliferación das coñecidas como rutas alternativas confunde aos peregrinos e provoca desconfianza entre os hostaleiros.

Rodil advertiu que a política da Xunta en relación ao Camiño de Santiago “vai matar a galiña dos ovos de ouro” e trasladará ao Parlamento Galego unha serie de preguntas, dirixidas á Xunta de Galiza, para clarificar cales son as intencións do executivo que preside Núñez Feijoo en relación ao control da sinalización do Camiño de Santiago. “A sinalización do Camiño está a converterse nunha canalización de fluxos económicos que desperta auténticas batallas entre quen ten intereses a redor do camiño, mentres a Xunta somentes se fixa nas cifras de peregrinos” dixo Olalla Rodil.

Olalla Rodil denunciou a falta de criterio e de rigor nos cambios de trazado que se fixeron nos Camiños e dixo que “o PP considera o camiño como a pita dos ovos de ouro do turismo pero non respecta, para nada, o seu valor patrimonial e cultural”. “Existen estudosos e persoas que coñecen perfectamente o Camiño de Santiago que xa se teñen manifestado en contra das delimitacións de trazado que está facendo a Xunta pola falta de rigor á hora de establecer os percorridos” dixo Olalla Rodil.

Vixilancia da sinalización

Para o BNG “non se pode apostar por un turismo de masas para o Camiño de Santiago e todo o que está a facer o goberno da Xunta vai encamiñado a este fin”. A parlamentaria nacionalista anunciou que o BNG proporá que se active un mecanismo de vixilancia da sinalización do Camiño de Santiago para “evitar confunsións, reparar as desfeitas, denunciar as desviación, e velar pola ruta cultural máis importante de Europa”. “Os problemas coa sinalización estanse a dar en moitas vilas e tramos do camiño e en moitos casos poderíanse solucionar se a Xunta establece mecanismos de control para evitar que se fagan manipulacións intencionadas” dixo Rodil.

O BNG proporá que se active un mecanismo de vixilancia da sinalización do Camiño de Santiago