RUBÉN ARROXO SINALOU “FOI UNHA OBRA CUESTIONADA DENDE O PRINCIPIO E NON TEMOS AS SEGURIDADE DE QUE O APROVEITAMENTO SEXA O AXEITADO”

O BNG quere saber se a rede de biomasa de Frigsa está funcionando despois dun investimento de case 900.000 €

skatepark-frigsa-lugo-4-e1493119066941

A instalación fíxose a finais do ano pasado e executouse, segundo afirmou o goberno, en menos de 15 días para cumprir os prazos necesarios para xustificar as axudas recibidas

O BNG quere saber se a rede de biomasa de Frigsa está funcionando despois dun investimento de case 900.000 €

Lugo, 13 de xuño 2018. O BNG pedirá información ao Goberno Municipal sobre o funcionamento da rede de biomasa que se instalou no parque de Frisa fai menos dun ano. Rubén Arroxo sinalou “foi unha obra cuestionada dende o principio e non temos as seguridade de que o aproveitamento sexa o axeitado”. A instalación dunha rede de biomasa nas dependencias de Frigsa foi executada pola UTE  Forestación Galicia e Forestación e Repoblación SA e investiuse un total de 874.063 euros, cun prazo de execución de 14 días.

Arroxo lembrou que este proxecto, contaba cunha subvención do Instituto Enerxético de Galiza (INEGA) por valor de 700.000 euros, e lembrou tamén que o Goberno delegara a finais de setembro as competencias no Concelleiro de Desenvolvemento Sostible para a resolución de todos os actos de trámite e resolutivos necesarios para a contratación destas actuacións. Rubén Arroxo sinalou que “non é normal que se faga un investimento deste tipo e despois dun ano continúe sen funcionar”.

Para o BNG “O Goberno Municipal ten que responsabilizarse das obras que fai e de vixiar a efectividade dos investimentos feitos con cartos públicos, pero ás veces parace que unicamente hai intención de contratar obras independentemente do que suceda despois e de que as instalacións funcionen ou non”. Arroxo avanzou que o BNG estará vixiante con este tema por que “non imos permitir o despilfarro de cartos públicos, especialmente cando se trata de actuacións coma esta que xa están cuestionadas dende un principio”.

O BNG quere saber se a rede de biomasa de Frigsa está funcionando despois dun investimento de case 900.000 €