O BNG realizou un acto para amosar as súas propostas para o ensino

Olalla Rodil e Mario Outeiro no econtro

Olalla Rodil “hai que garantir un ensino público de calidade e coa máxima seguridade fronte a calquera rebrote do coronavirus”

 

Asistiron organizacións sindicais como colectivos de nais e pais da provincia

O BNG realizou un acto para amosar as súas propostas para o ensino

Lugo, 17 de xuño de 2020.- A candidata por Lugo do BNG de cara ás eleccións do 12X, Olalla Rodil, xunto ao candidato e profesor, Mario Outeiro, presentaron no IES Lucus Augusti as propostas que o Bloque Nacionalista Galego ten para o ensino, no que asistiron representantes das organizacións sindicais do sector como dos colectivos das nais e pais.

Neste encontro amosáronse as liñas que a organización ten, como a redución das ratios de alumnado por aula actuais en todos os niveis educativos, garantir a igualdade de oportunidades, a equidades e a atención á diversidade, a restitución da gratuidade dos libros de texto, entre outras propostas.

Desde o BNG valoraron que hai que pór un cambio de rumbo este 12X no ensino, e aínda máis desde que a COVID-19 impactou na nosa sociedade. O ensino é un dereito que ten que ser público, de calidade, gratuíto e universal, por iso, hai que deixar a década de recortes e o favorecemento á privada que o Partido Popular fixo á fronte da Xunta de Galiza.

Durante este acto, abriuse o debate e recolléronse as propostas onde os diferentes colectivos de nais e pais e, tamén, das organizacións sindicais no ensino. Ao que desde o bloque comprometéronse a formalizar unha mesa de diálogo para organizar o vindeiro curso 2020-2021, na que se garantan os dereitos formativos, laborais e sanitarios da comunidade educativa.

Olalla Rodil manifestou o compromiso no que “hai que garantir un ensino público de calidade e coa máxima seguridade fronte a calquera rebrote do coronavirus” ao que resaltou “adquirimos o compromiso de aprobar unha Lei galega de educación, que blinde o ensino como o que é, un dereito fundamental de todas as galegas e galegos”

No mesmo sentido, Rodil reafirmou “hai que deixar atrás esta década de recortes do Partido Popular e investir os recursos orzamentarios que necesitamos para garantir un ensino público e de calidade no noso país”

O BNG realizou un acto para amosar as súas propostas para o ensino