AS CANDIDATAS DO BNG AO CONGRESO E Á ALCALDÍA VISITARON O PARQUE EMPRESARIAL DE CASTROVERDE E ANUNCIARON A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS

O BNG reclama o impulso do Parque Empresarial de Castroverde

“Temos un parque empresarial balerio e a xuventude emigrando por falta de emprego” afirmou Maite Ferreiro que puxo a Iria Castro como exemplo do impulso que precisa Castroverde

O BNG reclama o impulso do Parque Empresarial de Castroverde

Castroverde, 1 de abril de 2019. A candidata do BNG ao Congreso, Maite Ferreiro, visitou o Parque Empresarial de Castroverde. Ferreiro estivo acompañada da candidata á alcaldía, Iria Castro, e do actual voceiro municipal Xosé Gómez. Maite Ferreiro e Iria Castro coincidiron na necesidade de “darlle un impulso a este Parque Empresarial para que a mocidade non teña que marchar”. Ferreiro sinalou que “o único interese que houbo por parte do concello foi facer a obra, pero non se fixo nada en absoluto para incentivar a creación e instalación de empresas no polígono”.

“Temos un parque empresarial balerio e a xuventude emigrando por falta de emprego” afirmou Maite Ferreiro que puxo a Iria Castro como exemplo do impulso que precisa Castroverde “dende logo, o BNG vai traballar en Madrid en Santiago e, tamén, dende este concello para promover políticas que aposten polos recursos propios e que se poidan instalar neste Parque Empresarial baleiro nun 90% dos terreos que ocupa”.

Ferreiro explicou que “é fundamental apostar pola instalación e creación de empresas de tranformación de produtos agrogandeiros e forestais para xenerar riqueza e emprego na zona”. A cabeza de lista do BNG ao Congreso, Maite Ferreiro, incidiu “na necesidade de cambiar as dinámicas na política municipal, no BNG temos mulleres preparadas e con ganas de traballar como Iria Castro, e a súa presenza na corporación suporá un importante impulso para Castroverde”