O BNG de Samos considera ‘ inexplicábeis’ os orzamentos do goberno municipal para este 2020

María Xesús López, concelleira do BNG, e Emilio López, responsábel local
María Xesús López, concelleira do BNG, e Emilio López, responsábel local

A voceira municipal, María Xesús López, resaltou “nin orzamento, nin proxecto de futuro para Samos”

O BNG de Samos considera ‘ inexplicábeis’ os orzamentos do goberno municipal para este 2020

Samos, 16 de xullo de 2020.- O bloque samanense considera que os orzamentos presentados polo goberno municipal para este 2020 son insuficientes e sen ningún criterio para abordar as necesidades reais que as veciñas e veciños de Samos precisan.

Neste sentido, a concelleira do BNG María Xesús López declarou a falta de razóns e motivacións por parte do goberno municipal para executar este exercicio, o que se reflexan cantidades irrisorias en diferentes materias fundamentais “Samos conta con recursos para pór en marcha medidas para garantir o futuro e os servizos, pero o noso goberno destina coa cantidade de cero euros, por exemplo, ao no noso comercio ou en algo tan importante como é o noso sector agro-gandeiro, é inexplicábel e unha ofensa esta actitude por parte dun goberno á veciñanza”

Neste sentido, resaltou “este goberno nin orzamento, nin proxecto de futuro para Samos, cremos que estes orzamentos son unha proba máis da falta de vontade para que poidamos vivir e traballar aquí, con servizos e con atención á nosa veciñanza”

O BNG de Samos considera ‘ inexplicábeis’ os orzamentos do goberno municipal para este 2020