O BNG de Samos suxire a celebración do pleno municipal

'Chus' López, voceira muncipal do BNG en Samos

A voceira municipal, María Xesús López, resaltou a necesidade de celebrar un pleno de forma presencial ou telemática para pór medidas contra os efectos socioeconómicos da COVID-19

O BNG de Samos suxire a celebración do pleno municipal

Samos, 28 de maio de 2020.- A voceira do BNG en Samos, María Xesús López, suxeriu ao goberno municipal a celebración, nun prazo breve, dun pleno municipal na que se poidan impulsar medidas contra os efectos sociais e económicos da COVID-19.

Neste sentido, a voceira do bloque resaltou que ata o momento o goberno municipal non amosou nin informou de ningunha información da situación que padece Samos nin que medidas está a realizar ou ten previsto.

María Xesús López declarou “levamos dende o principio desta crise sanitaria pedindo información e a celebración dun pleno ao goberno municipal para afrontar do mellor xeito esta crise”.

“o goberno quere adiar o pleno ordinario ao mes de agosto, ao que a nós parécenos que non ten xustificación, os efectos económicos e sociais non teñen demora” sinalou.

O bloque samanense suxire que a celebración deste pode ser de forma presencial –de acordo a normativa sanitaria- ou de forma telemática.

“a celebración dun pleno é fundamental, ben sexa presencial ou virtual, para pór en común propostas e facer fronte as consecuencias ocasionadas pola COVID-19, coma tamén un exercicio de transparencia por parte do goberno municipal” resaltou a voceira municipal.

O BNG de Samos suxire a celebración do pleno municipal