O BNG solicita unha mellora da imaxe da estatua de Rosalía de Castro

Maite2
Maite2

“Dada a situación na que se atopa agora, cuberta polas pólas das árbores e chea de musgo, fai que pase desapercibida para moitas persoas” dixo Maite Ferreiro

O BNG solicita unha mellora da imaxe da estatua de Rosalía de Castro

Lugo, 24 de agosto 2018. O BNG presentará un rogo no concello de Lugo para que se faga unha mellora da estatua de Rosalía de Castro que se atopa no parque que leva o seu nome. A concelleira nacionalista, Maite Ferreiro, considerou importante levala a cabo canto antes, para que cando menos estea lista para o día da súa ofrenda no Domingo das Mozas dentro das festas de San Froilán. A edil nacionalista afirmou que moitas persoas que se achegan ao parque, e incluso veciñas e veciños de Lugo, pasan por diante se decatarse nin da súa presencia “Dada a situación na que se atopa agora, cuberta polas pólas das árbores e chea de musgo, fai que pase desapercibida para moitas persoas”. Dende o BNG advirten que incluso as propias letras que se atopan inxeridas na pedra pasan desapercibidas pola cantidade de liquens e musgos que ten no seu redor. Maite Ferreiro cre que o ideal sería facer unha poda das pólas que tapan a estatua e impiden a súa correcta visibilidade ademais de darlle un correspondente lavado.

 

O BNG cre que o goberno municipal debería amosar máis interese polas estatuas e bustos da cidade, moitas delas cun importante valor histórico e artístico, e que se atopan nunha situación bastante deficiente. Un exemplo desta situación son as placas na Praza Maior e Bispo Aguirre, que o propio grupo nacionalista reclamou hai poucas semanas a súa mellora, ou a recuperación do busto a Concepción Arenal na praza da Constitución, que leva xa 10 meses sen repoñerse despois de ser danado nun acto vandálico.

 

O BNG solicita unha mellora da imaxe da estatua de Rosalía de Castro