TRÁTASE DO ASFALTADO E APENAS UN QUILÓMETRO QUE PERMITIRÍA A VECIÑAS E VECIÑOS DE BOSENDE ACCEDER DENDE O PASEO DO RATO ÁS SÚAS VIVENDAS

O BNG solicitará a apertura e arranxo do camiño público de Penoucos entre o río Rato e Bosende

“A demanda xa lle foi trasladada ao Goberno Municipal pero continúa paralizada a pesar das promesas feitas polo edil de medio rural” explicou Rubén Arroxo

O BNG solicitará a apertura e arranxo do camiño público de Penoucos entre o río Rato e Bosende

Lugo, 20 de abril de 2018. Rubén Arroxo anunciou que o BNG solicitará a apertura e arranxo do camiño público de Penoucos entre o río Rato e Bosende. Actualmente a maior parte do camiño está sen asfaltar e un tramo está totalmente intransitable. Para as veciñas e veciños de Bosende é unha boa vía de comunicación porque lles permite chegar á cidade en pouco tempo. No catastro do ano 2.000 este camiño era de titularidade municipal e na última comisión na que se tratou este asunto o goberno municipal non tiña clara a titularidade do mesmo.

Arroxo lembrou que o BNG xa levou este asunto á Comisión de Medio Rural 19 de outubro de 2017 e alí o edil de Medio Rural do Goberno Municipal explicou que o camiño ten 3 tramos: un que xa está asfaltado de titularidade pública, outro de titularidade dubidosa e un último tramo no que se está negociando co propietario para asfaltalo e pasalo a titularidade pública. Dende o BNG preguntarase, na comisión de Medio Rural, polos avances para que este camiño se abra totalmente ao público e se asfalte debidamente.

Trátase do asfaltado e apenas un quilómetro que permitiría a veciñas e veciños de Bosende acceder dende o paseo do Rato ás súas vivendas. “A demanda xa lle foi trasladada ao Goberno Municipal pero continúa paralizada a pesar das promesas feitas polo edil de medio rural” explicou Rubén Arroxo e apuntou “seguiremos insistindo con este tema por que é unha demanda veciñal e supón unha mellora para a calidade de vida das persoas que viven en Bosende”.

O BNG solicitará a apertura e arranxo do camiño público de Penoucos entre o río Rato e Bosende