O BNG CONTINÚA COA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS PARA QUE TODAS AS VECIÑAS E VECIÑOS POIDAN SER PARTÍCIPES DESTA DEMANDA SOCIAL MÁIS NECESARIA QUE NUNCA

O BNG solicitará o apoio do Consello da Avogacía Galega para reclamar un xulgado específico de violencia de xénero

O BNG solicitará formalmente unha entrevista co recentemente elixido presidente do Consello da Avogacía Galega, o lucense Félix Mondelo, para tratar de recabar o apoio do colectivo da avogacia para que Lugo conte cun xulgado específico de violencia de xénero

O BNG solicitará o apoio do Consello da Avogacía Galega para reclamar un xulgado específico de violencia de xénero

Lugo, 7 de xuño 2017. A edil do BNG no concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou que o BNG solicitará formalmente unha entrevista co recentemente elixido novo presidente do Consello da Avogacía Galega, o lucense Félix Mondelo, para tratar de recabar o apoio do colectivo da avogacia e que Lugo poida contar conte cun xulgado específico de violencia de xénero. O BNG continúa coa campaña de recollida de sinaturas para que todas as veciñas e veciños poidan ser partícipes desta demanda social máis necesaria que nunca.

“Queremos contar co colectivo da avogacía, coñecer a súa opinión, e recabar o seu apoio para que Lugo teña un xulgado con persoal formado que permita unha atención ás vítimas de violencia de xénero” dixo Maite Ferreiro que engadiu “as avogadas e avogados tamén teñen un papel fundamental á hora de atender as vítimas en todo o proceso xudicial e extraxudicial por que nas súas mans está o asesoramento xurídico”.

Maite Ferreiro indicou que “este Consello vela polo correcto exercicio da profesión e é o máximo interlocutor perante a administración e a sociedade por iso queremos abrir unha interlocución en relación a situación que se vive nos xulgados de Lugo en relación aos casos de violencia de xénero”. Como máximo representante da profesión en Galicia, o Consello ocúpase de coordinar a acción dos Colexios de Avogados de Galicia, exercer o control deontolóxico dos seus membros, organizar o servizo de orientación xurídica e a quenda de oficio e procurar a formación continuada dos profesionais.

O Consello da Avogacía Galega, creado en 1993, é o órgano superior da administración colexial da avogacía galega, aglutinando a tódolos Colexios de Avogados de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo. Ten por obxecto agrupar e coordinar os distintos colexios integrados, e asumir a súa representación en cuestións de interese común profesional, no ámbito galego.