ARROXO SINALOU “SEGUIREMOS TODOS OS PASOS PARA ACTUAR DENTRO DA LEGALIDADE PERO A ZONA DE BAÑO VAISE INSTALAR NESTE VERÁN”

O BNG solicitou permiso á Deputación para a instalación do acceso de baño ao río na zona de As Saamasas

 “Chama a atención que o PSOE critique o permiso concedido ao BNG, eles foron incapaces de facer nada en 8 anos e a realidade é que Lugo segue sen zona de baño” dixo Arroxo

O BNG solicitou permiso á Deputación para a instalación do acceso de baño ao río na zona de As Saamasas

Lugo, 7 de xullo 2017. O BNG-AA presentou no día de hoxe unha solicitude na Deputación para que se autorice a instalación do acceso de baño ao río na zona de As Saamasas. “Sabemos que os terreos son da Deputación e aínda que poderiamos actuar nos 5 metros que son custodia da Confederación Hidrográfica queremos facer as cousas ben” informou Arroxo e sinalou “queremos saber se o PSOE vai utilizar os goberno da Deputación e o Concello para paralizar unha proposta que demanda a veciñanza ou vai colaborar para que Lugo conte, dunha vez, con zona de baño”.

Arroxo sinalou, tamén, que “para esta intervención non é necesaria unha licenza do concello xa que, como moito, poderíase considerar unha obra menor e sería suficiente coa presentación dunha comunicación tal e como establece a actual lexislación” e engadiu “en calquera caso as declaracións de algúns membros do goberno municipal o único que demostran é a falta de vontade de crear a zona pública de baño e o prurito que lles provoca o feito de que o BNG destapara as mentiras que levan contando dende fai 8 anos”.

“Chama a atención que o PSOE critique o permiso concedido ao BNG, eles foron incapaces de facer nada en 8 anos e a realidade é que Lugo segue sen zona de baño” dixo Arroxo e asegurou “seguiremos todos os pasos para actuar dentro da legalidade pero a zona de baño vaise instalar neste verán”.

No escrito presentado na Deputación os nacionalistas solicitaron o permiso para a instalación desta infraestrutura nos prazos e coas características que figuran no proxecto presentado e autorizado pola Confederación Hidrográfica,  documentación que se acompañou a solicitude xunto coa autorización emitida pola Confederación Hidrográfica. Así mesmo, Rubén Arroxo solicitou, no menor tempo posible, unha xuntanza co presidente desta Deputación para aclarar os pormenores desta actuación e para saber se o goberno socialista da Deputación “vai actuar con responsabilidade ou vai seguir a consigna do partido de bloquear a iniciativa do BNG”.

O BNG solicitou permiso á Deputación para a instalación do acceso de baño ao río na zona de As Saamasas