A PRAZA DE ABASTOS PODE SER O UN LUGAR DE OCIO E COMERCIO REFERENTE NO CENTRO DA CIDADE EN CANTO SE REMATEN AS OBRAS DA PARTE BAIXA DA PRAZA DE ABASTOS

O BNG urxe o adecentamento da Praza de Abastos “agora que se van ampliar as prazas do aparcadoiro anexo”

“A insistencia do BNG provocou á ampliación das prazas dos aparcadoiros soterrados, agora falta adecentar o soto da Praza de Abastos para que sexa un lugar atractivo” dixo Ferreiro

O BNG urxe o adecentamento da Praza de Abastos “agora que se van ampliar as prazas do aparcadoiro anexo”

Lugo, 5 de abril 2018. Ediles do BNG  visitaron a Praza de Abastos para urxir ao goberno local ao adecentamento da parte baixa do edificio. Maite Ferreiro sinalou que “a insistencia do BNG provocou á ampliación das prazas dos aparcadoiros soterrados, agora falta adecentar o soto da Praza de Abastos para que sexa un lugar atractivo”. O edil do BNG lembrou que se fixo unha importante inversión para unir, a través dun túnel, o aparcadoiro de Santo Domingo coa Praza de Abastos “co redimensionamento das prazas de aparcamento a Praza de Abastos pode ser o un Lugar de ocio e comercio referente no centro da cidade, pero compre mellorar a imaxe do soto que é por onde acceden as persoas dende o aparcadoiro”.

Cableado solto, tuberías de saneamento visibles, pegotes de cemento no chan, unha limpeza deficiente, recebados e alicatados mal acabados, son algunhas das necesidades de mellora que precisa a planta baixa da Praza de Abastos. Ademais as actuais mesas “provisionais” instaladas polo concello non cumpren as mínimas condicións de hixiene nin estabilidade para as vendedoras que se achegan martes e venres aos mercados semanais. “Entendemos que pasou tempo suficiente e que houbo demasiadas queixas sobre este tema para que o goberno municipal continúe sen facer nada” afirmou Ferreiro.

A edil do BNG fixo tamén referencia á ampliación do tamaño das prazas de aparcamento “dende o BNG demandamos en moitas ocasión e con diversas iniciativas esta ampliación que debería formar parte dun plan global para solucionar o problema do aparcamento na cidade”. Ferreiro incidiu na necesidade de retomar un sistema de regulación de aparcamento e na creación de aparcadoiros disuasorios no entorno da cidade.