UN ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA ANULOU O CONVENIO ENTRE XUNTA E ESTADO PARA POSIBILITAR OS USOS DO EIDIFICIO DA ANTIGA RESIDENCIA DE LUGO

O BNG ve, no conflito da Residencia, “un regalo envelenado” de Feijoo para o candidato do PP de Lugo

Rubén Arroxo informou que, segundo o informado na Comisión sobre o barrio da Residencia, “o PP na Xunta invalidaría todos os anuncios de Balseiro e o Conselleiro para o edificio da Residencia”

O BNG ve, no conflito da Residencia, “un regalo envelenado” de Feijoo para o candidato do PP de Lugo

Lugo, 13 de setembro de 2018. Despois da celebración da Comisión Municipal sobre o barrio da Residencia, Rubén Arroxo afrimou que segundo o informado na Comisión sobre o barrio da Residencia, “o PP na Xunta invalidaría todos os anuncios de Balseiro e o Conselleiro para o edificio da Residencia”. Así, segundo un acordo do Consello da Xunta, quedaría invalidado o Convenio asinado entre Xunta e Goberno do Estado para posibilitar a modificación dos usos do edificio da antiga Residencia.

Rubén Arroxo sinalou que se repite o sucedido co Servizo de Hemodinámica que “o PP na Xunta se negou sempre a abrir durante as 24 horas por unha decisión política de castigo a Lugo”. Arroxo dixo que “é o outro regalo envelenado de Feijoo para o candidato do PP de Lugo” e lamentou que “teñan que ser as veciñas e veciños de Lugo quen teñan que sufrir os efectos das liortas internas do PP galego”.

O voceiro do BNG lembrou como a negativa de Feijoo a abrir o Servizo de Hemodinámica supuxo un duro castigo para o anterior candidato do PP de Lugo que non acadou a alcaldía no ano 2015 e dixo “vemos como repiten a xogada con este agravio xusto o día antes da presentación do que será candidato do PP á alcaldía de Lugo”.

Os terreos da Residencia tiña uso exclusivamente sanitario, e en xullo de 2017 Xunta e Ministerio asinaron un acordo de retrocesión para poder dar diferentes usos ao sanitario e así poder anunciar proxectos para estes terreos como o da comisaria, xeriatrico, centro tecnolóxico, etc... Este convenio foi anulado por acordo do Consello da Xunta o 31 maio de 2018 e anúlase a posibilidade de que o edificio teña usos diferentes ao sanitario.

O BNG ve, no conflito da Residencia, “un regalo envelenado” de Feijoo para o candidato do PP de Lugo