A APLICACIÓN XA SE PODE DESCARGAR E TAMÉN SE PODERÁN FACER ACHEGAS A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS DO BNG DE VILALBA

O BNG de Vilalba presenta unha APP que permite facer aportacións ao programa para as municipais

IMG_8257

Con esta aplicación para dispositivos móbiles, calquera persoa poderá achegar ideas e propostas para o programa de goberno

O BNG de Vilalba presenta unha APP que permite facer aportacións ao programa para as municipais

Vilalba, 4 de febreiro 2019. O BNG de Vilalba presentou unha aplicación para dispositivos móbiles. Na presentación participaron integrantes do BNG de Vilalba que informaron “con esta aplicación para dispositivos móbiles, calquera persoa poderá achegar ideas e proposta para o noso programa de goberno”. A aplicación xa se pode descargar dende o Play Store e tamén se poderán facer achegas a través das redes sociais do BNG de Vilalba.

Dende o BNG sinalouse que “a aposta do BNG é estar onde está a sociedade actual e por iso abrimos foros de participación nas redes sociais e a través das aplicacións para móbiles”. A descarga da aplicación é completamente gratuíta e pódese facer escaneando o código QR que se publicará nas redes sociais do BNG ou ben poñendo as palabras BNG Vilalba no Play Store.

“Teremos en conta todas as propostas que recibimos e incluiremos no noso programa de goberno aquelas que sexan coincidentes co noso modelo de concello” explicaron. Está aplicación únese, como ferramenta de comunicación, ás redes sociais que o BNG de Vilalba xa ten posto en marcha en redes sociais ademais do correo electrónico ou as mensaxes a través do whatsapp.

O BNG de Vilalba presenta unha APP que permite facer aportacións ao programa para as municipais