RUBÉN ARROXO PREGUNTARÁ POR ESCRITO “PERSOAS USUARIAS COMUNICÁRONNOS ESTE FEITO DESPOIS DA DENUNCIA FEITA POLO NOSO GRUPO EN RELACIÓN Á FALTA DE LIMPEZA E MANTEMENTO”

O BNG-AA advirte da falta de monitores nos cursiños que organiza o concello na Piscina das Pedreiras

“Non pode ser que en cursiños nos que se atende a nenas e nenos de 4, 5 e 6  anos esté presente un único monitor por que a empresa non cubre as baixas” sinalou Arroxo

O BNG-AA advirte da falta de monitores nos cursiños que organiza o concello na Piscina das Pedreiras

Lugo, 31 de xaneiro 2016. Tras a difusión pública das deficiencias de limpeza e mantemento denunciadas polo BNG-AA Rubén Arroxo anunciou preguntará por escrito sobre a cobertura de baixas do persoal das empresas que teñen a concesión para impartir cursiños de natación nas piscinas municipais. “Persoas usuarias comunicáronnos este feito despois da denuncia feita polo noso grupo en relación á falta de limpeza e mantemento” dixo Arroxo.

“Non pode ser que en cursiños nos que se atende a nenas e nenos de 4, 5 e 6  anos esté presente un único monitor por que a empresa non cubre as baixas” sinalou Arroxo e afirmou “o goberno municipal ten que controlar o que fan as empresas que traballan baixo contrato co concello e máis en casos como este nos que está en xogo a seguridade de menores que participan en actividades acuaticas”.

Arroxo sinalou que “está claro que existe un serio problema de control sobre o que sucede nestas instalacións deportivas e no momento no que o BNG-AA fixo a primeira denuncia son moitas as persoas as que nos están achegando información” e engadiu “tratamos de contrastar a información co goberno local e queremos que quede constancia por escrito xa que estamos a ver que o asunto cada vez é máis serio por que a vixiancia de menores cando están na auga é un tema diferente ao da limpeza”.

Esta queixas súmase ás recibidas polo BNG-AA relacionadas coa limpeza, o mantemento e a  infrautilización da instalación debido á carencia de socorristas para atender os dous vasos da piscina. Por iso dende o BNG – AA pregunta, ao goberno municipal, polos efectivos de persoal e como se distribúen as quendas de traballo para atender a instalación e a demanda de persoas usuarias. “Seguiremos facendo un control sobre a situación destas instalacións e de como se están xestionando por que afecta a un importantísimo número de persoas usuarias” advertiu o voceiro do BNG- AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo.