PARA O BNG-AA É NECESARIA UNHA REORDENACIÓN DAS PARADAS DE BUS, DOS PASOS DE PEÓNS E DO TRÁFICO NA ZONA PARA FACELA REALMENTE ACCESIBLE

O BNG-AA pide unha solución de accesibilidade nas paradas de bus urbán no entorno da estación do ferrocarril

IMG_2079
IMG_2079

"Para un persoa como problemas e mobilidade é moi complicado chegar dende as vivendas de Montero Ríos e Sagrado Corazón ata a parada de autobús situada na parte da rúa S. Eufrasio máis próxima á estación" afirmou Maite Ferreiro

O BNG-AA pide unha solución de accesibilidade nas paradas de bus urbán no entorno da estación do ferrocarril

Lugo, 1 de febreiro 2016. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, informou que o BNG pedirá unha solución para dar accesibilidade á parada de bus urbano situada na parte final da rúa San Eufrasio, no enlace coa praza Conde Fontao. "Para unha persoa como problemas e mobilidade é moi complicado chegar dende as vivendas de Montero Ríos e Sagrado Corazón ata a parada de autobús situada na parte da rúa S. Eufrasio máis próxima á estación" afirmou Maite Ferreiro. A retirada do semáforo de San Eufrasio provocou a eliminación do paso de peóns que daba acceso directo á parada de bus e esto obriga a facer un importante percorrido ás persoas usuarias, que "se fai moi tedioso no caso de persoas con limitacións de mobilidade" afirmou Ferreiro.

A distribución dos pasos de peóns na zona e a ubicación das paradas de autobús obriga a que unha persoa que viva na zona Montero Riós, que é a marxe da rúa na que máis vivendas existen, e teña que coller o autobús na parada da rúa San Eufrasio se vexa obrigada a baixar por unhas escaleiras "case imposibles" para persoas que teñan a mobilidade limitada. "Despois de superar este primeiro atranco hai que percorrer un distancia considerable para cruzar a rúa San Efrasio, que soporta unha importante densidade de tráfico, e chegar á parada" informou Ferreiro.

"Entendemos que tanto a empresa de autobuses, que está a elaborar unha proposta de liñas, como o gabinete de tráfico terán que definir cal é a mellor solución" dixo Maite Ferreiro e adiantou "probablemente dende o goberno municipal nos contestarán que é un problema da Xunta por que non remata o Plan Paradai, mais o BNG-AA lembra que foi o anterior alcalde socialista quen aceptou esta paralización do Plan Paradai proposta polo PP".

Para a edil do BNG-AA "hai que buscar as solucións con axilidade e aplicalas por que as persoas que teñen que coller o autobús diariamente non poden agardar polas liortas entre PP e PSOE que teñen paralizado o Plan Paradai, nin por explicacións amparadas nunha maraña burocrática que non aportan solucións verdadeiras aos problema cotiáns da xente".

 

O BNG-AA pide unha solución de accesibilidade nas paradas de bus urbán no entorno da estación do ferrocarril